Seleccionar página

O pasado sábado 10 de xullo publicouse no Boletín Oficial do Estado a Lei 11/2021, de 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal, e de modificación de diversas normas tributarias. A devandita lei ten unha enorme extensión e precisará do seu estudo polo miúdo, tendo en conta que afecta á maioría dos impostos.

Non obstante, dáse a circunstancia de que unha parte importante da norma entrou en vigor ao día seguinte da publicación, a partir do pasado domingo, día 11 de xullo. E dentro das novidades da lei que xa entraron en vigor existe unha que ten unha incidencia sobre tódalas empresas e profesionais. Referímonos ao límite legalmente establecido para o pago de operacións en efectivo, cando unha das partes da operación sexa un empresario ou un profesional. Antes desta reforma a prohibición afectaba a operacións iguais o superiores a DOUS MIL CINCOCENTOS EUROS (2.500,00 €). A PARTIR DA ENTRADA EN VIGOR DA MODIFICACIÓN LEGAL, A PROHIBICIÓN VAI AFECTAR A OPERACIÓNS IGUAIS OU SUPERIORES A MIL EUROS (1.000,00 €).

Debemos recordar que a prohibición de superar este novo límite para o pago de operacións en efectivo afecta directamente a tódalas empresas e profesionais, sen exclusión algunha. En consecuencia, o incumprimento da mencionada norma poderá dar lugar á imposición das sancións previstas na lei, SANCIÓNS QUE CONSISTEN NA PORCENTAXE DO VINTE E CINCO POR CENTO DAS CANTIDADES PAGADAS EN EFECTIVO.