Logo da celebración o pasado 20 de outubro das Eleccións á Xunta de Goberno do COLEF Galicia, na que resultou elixida a candidatura única encabezada polo presidente Henrique Xoán Rodríguez Pantín, podemos felicitarnos pola incorporación como vogais de dúas educadoras físico deportivas novas e comprometidas coa profesión.
Sen dúbida, Andrea Bas Fernández e Fátima Campaña Baña insuflarán toda a súa enerxía ao órgano de goberno colexiado da nosa corporación, que mantén a súa estrutura base dos últimos anos.