Seleccionar página

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Accede á orde publicada

RESUMO

Efecto da orde: 27/01/2021 – 17/02/2021

  • Uso de máscaras obrigatorio para a práctica deportiva individual ao aire libre.
  • Aquelas instalacións que poidan permanecer abertas deberán exponer públicamente e asegurar a capacidade máxima.
  • Priorizarase a actividade non presencial en academias e centros de ensino non regrado, e no caso de realizarse presencialmente non deberá superar o 50% do aforo.
  • Poderán estar abertos os parques, zonas deportivas e espazos públicos exteriores respectando a capacidade de unha persoa cada catro metros cadrados, sendo obrigatorio o uso da máscara.
  • Permítense actos e reunións laborais, institucionais, académicas, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, cos respectivos protocolos, sen superar o 30% do aforo, 30 persoas como máximo no interior e 75 no exterior.
  • A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
  • Suspéndense as competicións deportivas de nivel autonómico e os adestramentos realizarase nas mesmas condicións ca o resto da actividade física e deportiva, permitíndose os desprazamentos en horario nocturno.
  • Peche temporal de actividades deportivas, actividades de lecer e entretemento, estadios deportivos, pavillóns deportivos, recintos deportivos, pistas de patinaxe, ximnasios, piscinas de competición, piscinas recreativas, piscinas recreativas de uso colectivos, e salas polivalentes para actividades sociais.
  • Poderán permanecer abertas as instalación nas que se celebren adestramentos ou competición de ámbito nacional, con certas limitacións.
  • Suspéndese a actividade lectiva presencial nos centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.

SOBRE O EXERCICIO PROFESIONAL

Á vista da orde dictada pola Consellería de Sanidade o COLEF Galicia fai as seguintes observacións sobre o exercicio profesional dos/as educadores/as físico deportivos/as:

  • Non se restrinxe o exercicio profesional desde o centro de traballo para clases e atención on-line e organización interna.
  • Non se restrinxe o exercicio profesional nos centros sanitarios, de maneira individual e con prescrición médica, cumplindo as medidas destes centros (hixiene, distancia, acompañamento, limpeza).
  • Non se restrinxe o exercicio profesional a domicilio, de xeito individual e con prescripción médica.
  • Non se restrinxe o exercicio profesional en adestramentos individuais ou con 4 persoas convivintes ao aire libre

TEXTO AMPLIADO

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021, e estenderán a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

1º) A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

3.1. Medidas en materia de control de capacidade.

1. Os establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade máxima, que deberá incluír os propios traballadores e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade, de forma que esta non sexa superada en ningún momento.

3.9. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

1. A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación non incluídos no ámbito de aplicación do artigo 9 do  Real decreto lei 21/2020 […], inscritos no correspondente

rexistro, poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere

unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.

Nestes centros priorizarase a realización da actividade lectiva non presencial, por medios  telemáticos (en liña) sempre que sexa posible.

3.13. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos  de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que  neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros  cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas  de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada.

3.14. Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais.

A realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicas, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que se recomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible. Non se poderá  superar o trinta por cento da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase

respectar un máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

3.15. Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.

1. A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire  libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.

2. Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes  adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva prevista neste punto, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

3. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

4. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse sen público de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se celebren na Comunidade Autónoma de Galicia, serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas devanditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas devanditas competicións deberán realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

3.16. Centros, servizos e establecementos sanitarios.

1. Os titulares ou directores dos distintos centros, servizos e establecementos sanitarios, de natureza pública ou privada, deberán adoptar as medidas organizativas, de prevención e hixiene necesarias do seu persoal traballador e dos pacientes, co obxecto de aplicar as recomendacións emitidas nesta materia, relativas á distancia de seguridade interpersoal, uso de máscaras en sitios pechados de uso público, capacidade, hixiene de mans e respiratoria, así como calquera outra medida que establezan as autoridades competentes.

2. Estas medidas deberán aplicarse na xestión dos espazos do centro, accesos, zonas

de espera e na xestión das citas dos pacientes, así como na regulación de acompañantes ou visitas, tendo en conta a situación e actividade de cada centro. Para tal efecto, só se permitirá a presenza dunha persoa acompañante por usuario/a no caso de menores, maiores dependentes ou mulleres xestantes.

3. Así mesmo, adoptarán as medidas necesarias para garantir a protección da seguridade e saúde do seu persoal traballador, a limpeza e desinfección das áreas utilizadas e a eliminación de residuos, así como o mantemento adecuado dos equipamentos e instalacións.

4. Estarán obrigados a colaborar coas autoridades sanitarias e de política social nos

labores de vixilancia, prevención e control do COVID-19.

4. Medidas especiais para determinadas actividades.

4.1. Adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades, conforme as definicións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposición xerais de aplicación na materia:

I.5. Espectáculos deportivos.

II.2. Actividades deportivas.

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas.

III.2.2.1 Estadios deportivos.

III.2.2.2. Pavillóns deportivos.

III.2.2.3. Recintos deportivos.

III.2.2.4. Pistas de patinaxe.

III.2.2.5. Ximnasios.

III.2.2.6. Piscinas de competición.

III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.

Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito estatal, profesional ou non profesional, cuxos vestiarios e zonas de ducha poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, procedéndose á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. En todo caso, queda prohibida a asistencia de público ás competicións e adestramentos, sen prexuízo do disposto no número 2 do artigo 15 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais.

III.2.4.4. Salas polivalentes.

4.2. Suspendese a actividade lectiva presencial durante o período a que se estenda a eficacia da medida, conforme o punto cuarto da orde, nos seguintes centros educativos de réxime especial:

9º) Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.