Seleccionar página

ACTUALIDADE 25 DE FEBREIRO 2021

[Decreto completo]

DOG Núm. 38-Bis Xoves, 25 de febreiro de 2021

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.
  • Eficacia. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 26 de febreiro de 2021.

3.13. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre

  1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.
  2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.3. Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.
  3. Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

3.15. Actividade deportiva

  1. A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos: 

a) Nos concellos enumerados na parte A do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, e coa utilización de máscara.

b) Nos concellos enumerados nas partes B e C do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico.

No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de catro persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade máxima permitida.

Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

  1. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
  2. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  3. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán rea-lizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para par-ticiparen nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias auto-nómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección de COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.

Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego. Acceder

 

ACTUALIDADE 16 DE FEBREIRO 2021

DOG Núm. 30-Bis Luns, 15 de febreiro de 2021

A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.

A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados, e os deportistas participantes e demais persoal autorizado non estarán suxeitos ás limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e ás limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno nos casos en que exista causa xustificada.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar

Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas ao aire libre para a práctica deportiva individual. Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado, profesional ou non profesional, cuxos vestiarios e zonas de ducha poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. En todo caso, queda prohibida a asistencia de público ás competicións e adestramentos, sen prexuízo do disposto no número 2 do artigo 15 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego. Secretaría Xeral para o Deporte

Descargar documento

– DECRETO 26/2021, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

– ORDE do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

I. PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA NON FEDERADA.

I.1. Toda a Comunidade Autónoma.

1. Como practicar actividade física ou deportiva.

  • So poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Non se considera práctica individual a actividade física ou deportiva de 1×1 entre non conviventes.
  • Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio.
  • Está permitida a actividade cinexética, así como a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se realicen con carácter individual ou con persoas conviventes.
  • En todo caso, a práctica da actividade física ou deportiva realizarase respetando os límites perimetrais e de horario nocturno establecidos.

2. Obriga do uso da máscara.

  • O uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

3. Lugares para a práctica

  • Práctica en instalacións e centros deportivos.

Permítese a práctica da actividade física e deportiva non federada, de forma individual, en instalacións deportivas ao aire libre.

O resto de instalacións deportivas, conforme ao disposto no artigo 4 da orde do 15 de febreiro de 2021, permanecerán pechadas.

  • Práctica noutros espazos.

-Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

-Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.

-Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.

-Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

4. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.

  • En todo momento deberán de respetarse ás limitacións perimetrais e de horario nocturno establecidos.

II. PRÁCTICA DO DEPORTE FEDERADO.

1. Deporte Federado de nivel nacional.

a. Protocolos aplicables.

  • As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

– O Protocolo de referencia será o Protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional, aprobado polo Consejo Superior de Deportes, así como no seu caso o Protocolo reforzado que aprobe cada unha das Federacións Deportivas Españolas.

– Modalidades deportivas que impliquen contacto:

 Equipos/deportistas galegos:

 Realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

 Equipos/deportistas procedentes doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia:

– Realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

– Comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, segundo o formulario establecido: https://desprazamentos-deportivos.xunta.gal/portada

– No caso de desprazarse desde zonas de alta incidencia de COVID19 deberán ter en conta o sinalado no seguinte enlace: https://www.sergas.es/Saude-publica/benvidaviaxeirxs?idioma=es

b. Instalacións deportivas.

  • Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas nas que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado nacional.
  • Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

c. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.

  • Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, conforme o disposto na letra b) do número 2 do punto primeiro e na letra d) do apartado 4 do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro.
  • Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, para adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico, conforme o disposto na letra n) do número 2 do punto primeiro e na letra h) do apartado 4 do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, e nos artigos 5, d), h) e 6, b), k) do Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro.

d. Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.

Non se permite.

2. Deporte Federado de ámbito autonómico.

a. Protocolos aplicables.

A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

b. Instalacións deportivas.

  • Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico.
  • Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

c. Restricións de mobilidade e de horario nocturno.

En relación coas limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais e de horario nocturno, previstas no apartado primeiro e no apartado cuarto do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, exceptúanse:

a. Aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, conforme o disposto na letra b) do número 2 do punto primeiro e na letra d) do apartado 4 do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, así como, segundo o disposto na letra n), calquera outra actividade de análoga natureza (inclúense ás persoas técnicas ou adestradoras).

b. Aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, para adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico, conforme o disposto na letra n) do número 2 do punto primeiro e na letra h) do apartado 4 do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro.

Considéranse adecuadamente xustificados os seguintes:

1ª) Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición. No caso de que a federación galega correspondente estime que este prazo é insuficiente para que o equipo/deportista prepare esa competición, deberá solicitar a súa autorización á Secretaría Xeral para o Deporte.

2ª) Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.

3ª) Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:

1) Por persoas deportistas federadas participantes en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.

3) No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.

4) Outro persoal autorizado (delegados, etc.)

4ª) Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado, segundo o modelo adxunto, da correspondente federación ou club deportivo federado co seguinte contido mínimo:

1) Identificación da persoa que se despraza e da súa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva.

2) Lugar do adestramento xustificando a súa vinculación coa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou lugar da competición.

3) Data e horario de realización do adestramento e/ou da celebración da competición.

4) Xustificación da non existencia de alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.

No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas.

As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.

d. Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.

  • Non se permite.

III. OUTROS SUPOSTOS.

Calquera outra cuestión respecto á práctica de actividade física e deporte non contemplada nesta guía, trasladaráselle á Secretaría Xeral para o Deporte a efectos do seu estudo e a súa concreta interpretación.

IV. ENTRADA EN VIGOR

As medidas previstas terán efectos desde as 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021 e estenderán a súa eficacia ata as 00.00 horas do día 3 de marzo de 2021.

ACTUALIDADE 26 DE XANEIRO DE 2021

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Accede á orde publicada

RESUMO

Efecto da orde: 27/01/2021 – 17/02/2021

  • Uso de máscaras obrigatorio para a práctica deportiva individual ao aire libre.
  • Aquelas instalacións que poidan permanecer abertas deberán exponer públicamente e asegurar a capacidade máxima.
  • Priorizarase a actividade non presencial en academias e centros de ensino non regrado, e no caso de realizarse presencialmente non deberá superar o 50% do aforo.
  • Poderán estar abertos os parques, zonas deportivas e espazos públicos exteriores respectando a capacidade de unha persoa cada catro metros cadrados, sendo obrigatorio o uso da máscara.
  • Permítense actos e reunións laborais, institucionais, académicas, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, cos respectivos protocolos, sen superar o 30% do aforo, 30 persoas como máximo no interior e 75 no exterior.
  • A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
  • Suspéndense as competicións deportivas de nivel autonómico e os adestramentos realizarase nas mesmas condicións ca o resto da actividade física e deportiva, permitíndose os desprazamentos en horario nocturno.
  • Peche temporal de actividades deportivas, actividades de lecer e entretemento, estadios deportivos, pavillóns deportivos, recintos deportivos, pistas de patinaxe, ximnasios, piscinas de competición, piscinas recreativas, piscinas recreativas de uso colectivos, e salas polivalentes para actividades sociais.
  • Poderán permanecer abertas as instalación nas que se celebren adestramentos ou competición de ámbito nacional, con certas limitacións.
  • Suspéndese a actividade lectiva presencial nos centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.

SOBRE O EXERCICIO PROFESIONAL

Á vista da orde dictada pola Consellería de Sanidade o COLEF Galicia fai as seguintes observacións sobre o exercicio profesional dos/as educadores/as físico deportivos/as:

  • Non se restrinxe o exercicio profesional desde o centro de traballo para clases e atención on-line e organización interna.
  • Non se restrinxe o exercicio profesional nos centros sanitarios, de maneira individual e con prescrición médica, cumplindo as medidas destes centros (hixiene, distancia, acompañamento, limpeza).
  • Non se restrinxe o exercicio profesional a domicilio, de xeito individual e con prescripción médica.
  • Non se restrinxe o exercicio profesional en adestramentos individuais ou con 4 persoas convivintes ao aire libr

TEXTO AMPLIADO

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021, e estenderán a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

1º) A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

3.1. Medidas en materia de control de capacidade.

1. Os establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade máxima, que deberá incluír os propios traballadores e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade, de forma que esta non sexa superada en ningún momento.

3.9. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

1. A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación non incluídos no ámbito de aplicación do artigo 9 do  Real decreto lei 21/2020 […], inscritos no correspondente rexistro, poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.

Nestes centros priorizarase a realización da actividade lectiva non presencial, por medios  telemáticos (en liña) sempre que sexa posible.

3.13. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos  de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que  neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros  cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas  de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada.

3.14. Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais.

A realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicas, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, poderanse realizar sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que se recomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible. Non se poderá  superar o trinta por cento da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase

respectar un máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

3.15. Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.

1. A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire  libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.

2. Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes  adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva prevista neste punto, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

3. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

4. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse sen público de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se celebren na Comunidade Autónoma de Galicia, serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas devanditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas devanditas competicións deberán realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

3.16. Centros, servizos e establecementos sanitarios.

1. Os titulares ou directores dos distintos centros, servizos e establecementos sanitarios, de natureza pública ou privada, deberán adoptar as medidas organizativas, de prevención e hixiene necesarias do seu persoal traballador e dos pacientes, co obxecto de aplicar as recomendacións emitidas nesta materia, relativas á distancia de seguridade interpersoal, uso de máscaras en sitios pechados de uso público, capacidade, hixiene de mans e respiratoria, así como calquera outra medida que establezan as autoridades competentes.

2. Estas medidas deberán aplicarse na xestión dos espazos do centro, accesos, zonas

de espera e na xestión das citas dos pacientes, así como na regulación de acompañantes ou visitas, tendo en conta a situación e actividade de cada centro. Para tal efecto, só se permitirá a presenza dunha persoa acompañante por usuario/a no caso de menores, maiores dependentes ou mulleres xestantes.

3. Así mesmo, adoptarán as medidas necesarias para garantir a protección da seguridade e saúde do seu persoal traballador, a limpeza e desinfección das áreas utilizadas e a eliminación de residuos, así como o mantemento adecuado dos equipamentos e instalacións.

4. Estarán obrigados a colaborar coas autoridades sanitarias e de política social nos

labores de vixilancia, prevención e control do COVID-19.

4. Medidas especiais para determinadas actividades.

4.1. Adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estende a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades, conforme as definicións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposición xerais de aplicación na materia:

I.5. Espectáculos deportivos.

II.2. Actividades deportivas.

II.3. Actividades de lecer e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas.

III.2.2.1 Estadios deportivos.

III.2.2.2. Pavillóns deportivos.

III.2.2.3. Recintos deportivos.

III.2.2.4. Pistas de patinaxe.

III.2.2.5. Ximnasios.

III.2.2.6. Piscinas de competición.

III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.

Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas en que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito estatal, profesional ou non profesional, cuxos vestiarios e zonas de ducha poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, procedéndose á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. En todo caso, queda prohibida a asistencia de público ás competicións e adestramentos, sen prexuízo do disposto no número 2 do artigo 15 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais.

III.2.4.4. Salas polivalentes.

4.2. Suspendese a actividade lectiva presencial durante o período a que se estenda a eficacia da medida, conforme o punto cuarto da orde, nos seguintes centros educativos de réxime especial:

9º) Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.

ACTUALIDADE 20 DE XANEIRO DE 2021

ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

CUESTIÓNS XERAIS

Permítese a práctica de actividade física e deportiva individual ou en grupo ata un máximo de catro persoas máis monitor, sexan ou non conviventes, ao aire libre ou en instalación deportivas: sen superar o 50% do seu aforo, e cos vestiarios e duchas pechadas (podendo habilitar outros espazos de ocupación individual para que os usuarios se poidan cambiar).

[T] A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluído o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluido o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

En ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares. A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante.

Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do 21/01/2021.

RESTRICIÓNS POR MUNICIPIO – NIVEL ELEVADO

Da provincia da Coruña: a) A Baña. b) Abegondo. c) A Coruña. d) A Laracha. e) Ames. f) A Pobra do Caramiñal. g) Arteixo. h) Arzúa i) Betanzos j) Boiro. k) Cabana de Bergantiños. l) Cabanas. m) Camariñas. n) Cambre. ñ) Carballo. o) Cariño p) Cedeira. q) Cee. r) Cerceda. s) Cerdido. t) Coristanco. u) Culleredo. v) Dodro. w) Dumbría. x) Fene. y) Ferrol. z) Laxe. aa) Mañón. ab) Melide. ac) Moeche. ad) Mugardos. ae) Muxía. af) Narón. ag) Neda. ah) Negreira. ai) Noia. aj) Oleiros. ak) Ordes. al) Oroso. am) Ortigueira. an) Outes. añ) Oza-Cesuras. ao) Padrón. ap) Pontedeume. aq) Porto do Son. ar) Rianxo. as) Ribeira. at) Rois. au) Sada. av) San Sadurniño. aw) Santiago de Compostela. ax) Sobrado.ay) Teo. az) Trazo. aaa)Touro. aab) Val do Dubra. aac) Valdoviño. aad) Vilasantar. aae) Vimianzo.

Da provincia de Lugo: a) Burela. b) Cervo. c) O Vicedo. d) Vilalba. e) Viveiro. f) Xove.

Da provincia de Ourense: a) Allariz. b) Barbadás. c) Monterrei. d) O Carballiño. e) Ourense. f) Verín. g) Xinzo de Limia. h) Celanova. i) Porqueira. j) Ribadavia. k) Trasmiras. l) Vilar de Santos.

Da provincia de Pontevedra: a) A Cañiza. b) A Estrada. c) A Guarda.d) A Illa de Arousa. e) A Lama. f) Arbo. g) As Neves. h) Baiona. i) Bueu. j) Caldas de Reis. k) Catoira. l) Crecente. m) Cuntis. n) Forcarei. ñ) Gondomar. o) Meis. p) Moaña. q) Mondariz. r) Moraña. s) Mos. t) Nigrán. u) Oia. v) O Porriño. w) O Rosal. x) Poio. y) Ponteareas. z) Pontecesures. aa) Pontevedra. ab) Redondela. ac) Salceda de Caselas. ad) Salvaterra do Miño. ae) Silleda. af) Tomiño. ag) Tui. ah) Valga. ai) Vigo. aj) Vilagarcía de Arousa. ak) Vilanova de Arousa.

Peche temporal das seguintes actividades:

  • Piscinas recreativas de uso colectivo.

Permítense as seguintes actividades e establecementos:

  • Actividades deportivas.
  • Estadios deportivos.
  • Pavillóns deportivos.
  • Recintos deportivos.
  • Ximnasios.
  • Piscinas de competición.

RESTRICIÓNS POR MUNICIPIO – NIVEL EXTREMO

a) Arteixo.

b) Viveiro.

c) Xinzo de Limia.

O peche temporal das seguintes actividades e establecementos:

  • Espectáculos deportivos.
  • Actividades deportivas.
  • Estadios deportivos.
  • Pavillóns deportivos.
  • Recintos deportivos.
  • Pistas de patinaxe.
  • Ximnasios.
  • Piscinas de competición.
  • Piscinas recreativas de uso colectivo.