OBRIGATORIEDADE DE USO DE MÁSCARA NO DEPORTE – RESTRICIÓNS DA ACTIVIDADE DEPORTIVA
DOG Núm. 66-Bis Venres, 9 de abril de 2021. Consellería de Sanidade
ORDE do 9 de abril de 2021 pola que se modifican o anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Eficacia: As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 12 de abril de 2021.
Accede á publicación completahttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210409/2610/AnuncioC3K1-090421-2_gl.html
Primeiro. Modificación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade
USO DE MÁSCARAS NO DEPORTE
- Obriga xeral. Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se esteaen espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
- Regras específicas.
- Na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica, aplicarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no protocolo das federacións deportivas respectiva.
- Nos centros docentes observarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no correspondente protocolo.
Excepcións ao uso da máscara no deporte
- EXCEPCIÓN: No mar, praias e piscinas, no exterior ou cubertas, lagos, embalses, ríos ou noutras zonas de baño, durante o baño, e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, lagos e demais contornos acuáticos, así como para o uso de vestiarios de piscinas públicas ou comunitarias, salvo nas duchas. Entenderase por actividades incompatibles co uso da máscara as actividades de socorrismo ou rescate cando requiran acceder ao medio acuático.
- EXCEPCIÓN: No caso do exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, debera usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento. Seralles de aplicación o establecido no parágrafo anterior ás actividades que supoñan un esforzo físico de carácter non deportivo equiparable a este, ao aire libre e de forma individual.
- EXCEPCIÓN: Na práctica de deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial
Segundo. Modificación da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia
RESTRICIÓNS Á ACTIVIDADE DEPORTIVA
- A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:
- a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada só poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, e coa utilización de máscara de acordo co disposto no punto 1.3 do anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020.
Carballeda de Valdeorras Grove (O) Pobra do Caramiñal (A)
- b) Nos concellos enumerados nas letras B e C do anexo II da presente orde, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma indi[1]vidual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara, de acordo co disposto no punto 1.3 do anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultá[1]nea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.
Barreiros Boimorto Boiro Carral Illa de Arousa (A) Irixo (O) Monterrei Pobra do Brollón (A) Baiona Carballiño (O) Cortegada Gondomar Meis Neves (As) Noia Padrenda Rábade Ribadumia Sanxenxo Soutomaior Vilaboa Vilanova de Arousa
Nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o trinta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.
- c) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara, de acordo co disposto no punto 1.3 do anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor. No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %».
[…]
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210409/2610/AnuncioC3K1-090421-2_gl.html
Novidades na normativa estatal: Lei 2/2021 de 29 de marzo
Reunido o Consello Interterritorial, no que se atopan representadas todas as comunidades e cidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, definiu nun acordo as actividades incompatibles co uso da máscara.
No mesmo indícase que a regulación prevista no artigo 6.2 segundo parágrafo, da Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, establece que non será esixible o uso de máscara no caso do exercicio de deporte individual e permite que se poida exceptuar o uso da máscara cando, pola propia natureza das actividades, ese uso resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.
Equipáranse ao exercicio de deporte individual as actividades que ao realizarse supoñan un esforzo físico de carácter non deportivo, ao aire libre e de forma individual, mantendo, en todo caso, a distancia mínima de 1,5 metros con outras persoas que non sexan conviventes.
O texto estatal especifica que outras actividades incompatibles co uso da máscara son: o baño no mar, lagos, encoros, ríos ou noutras zonas de baño así como en piscinas no exterior ou cubertas.
Así mesmo, inclúense os momentos de descanso antes ou despois do baño ou a práctica de deporte no medio acuático, na contorna do mesmo. No caso do descanso nas praias, ríos ou en contornas asimiladas, o citado momento só poderá estenderse a aquel en que a persoa permaneza nun punto determinado e respectando a distancia mínima de 1,5 metros con outras persoas que non sexan conviventes. No caso de piscinas cubertas ou de que ese descanso realícese a bordo de embarcacións, só entenderase por momento de descanso o estritamente necesario entre intervalos de actividade. Tamén se exclúen do uso da máscara as actividades de socorrismo ou rescate cando estas requiren acceder ao medio acuático. Lémbrase que tampouco é necesario levala nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber, en lugares nos que estea autorizado. Debe levar máscara O documento, acordado polo Consello Interterritorial, indica doutra banda que se consideran actividades compatibles co uso de máscara: o paseo polos accesos a praias, lagos e demais contornas naturais e o paseo á beira do mar e dos demais contornas acuáticas. Ademais, a máscara debe levar no uso de vestiarios de piscinas públicas ou comunitarias, salvo nas duchas e durante a permanencia no exterior ou interior de establecementos de hostalería fóra dos momentos necesarios para comer ou beber.
Cal é a situación en Galicia?
A última orde (actualmente en vigor) da Xunta de Galicia do 17 de marzo de 2021 recolle no seu artigo 3.15.1 que a realización de actividade deportiva, tanto en interiores como ao aire libre, será sempre con máscara, non permitindo interpretacións en sentido contrario, por tanto, en Galicia non se contempla excepción de realización de actividade deportiva ao aire libre sen máscara.
En canto ao uso de máscara na praia, actualmente está en vigor a Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que no seu artigo sexto recolle a obrigación de uso de máscaras (para persoas maiores de seis anos) na vía pública e en espazos ao aire libre, polo que, actualmente é obrigatorio o uso de máscaras nas praias, non podendo Galicia regular en contra da presente lei.
Con todo, debido á discrepancia coa medida das Comunidades Autónomas, o Ministerio de Sanidade ten previsto propor que a máscara non sexa obrigatoria para estar na praia pero si cando se estea en movemento dentro da praia.