Seleccionar páxina

O COLEF Galicia asiste ao III Foro Permanente de Colaboración Público-Privada nos Servizos Deportivos

A Coruña acolleu este xoves, 15 de outubro, o III Foro Permanente de Colaboración Público-Privada nos Servizos Deportivos, unha xornada organizada por AEESDAP co apoio de AGAXEDE.

O encontro reuniu a representantes do ámbito administrativo, técnico e deportivo para compartir perspectivas e debater sobre os principais retos da contratación pública e a xestión dos servizos deportivos.

A xornada contou coa participación de entidades como as federacións galegas de piragüismo e boxeo, o Servizo de Deportes da Universidade de A Coruña, o Clúster da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia e a Fundación Deporte Galego, ademais de profesionais da administración local e responsables de contratación pública.

Esta xornada forma parte dun programa nacional que percorre seis cidades españolas.

Desde o COLEF Galicia continuamos participando activamente nestes espazos de diálogo e colaboración entre administracións, entidades e profesionais.