Seleccionar página

O pasado 21 de abril o COLEF Galicia e o COPOGA (Colexio Oficial de Podólogos de Galicia) firmaban un convenio de colaboración para a organización de accións que favorezan ámbalos colectivos, no eido formativo e profesional. Un paso máis nos acordos que o colexio está a acadar con corporacións do ámbito sanitario e a saúde. Na foto aparecen os dous Presidentes, Henrique Xoán Rodríguez Pantín e Juan Dios Tomé, na firma producida na sede do COPOGA en Santiago.

Dúas novas empresas, ARETÉ e MAREXADA apostan por firmar un convenio co COLEF Galicia e axudar á visibilidade profesional e ás condicións de acceso á colexiación dos seus traballadores. Son varias as entidades privadas que están optando por esta fórmula de colaboración pois asemade tamén é unha vía directa de cooperación mútua.