Seleccionar página

O COLEF Galicia iniciou de novo o contacto cos grupos parlamentarios, para expoñer a realidade da práctica das actividade físico-deportivas en Galicia e as nosas demandas no espazo profesional da Educación Físico-Deportiva.

PSG-PSOSE

O xoves 11 de xuño reunímonos con Paloma Castro, deputada do PSdeG encargada da área de deportes, con quen comentamos a realidade da práctica das actividade físico-deportivas en Galicia e as nosas demandas no espazo profesional da Educación Físico-Deportiva.

Paloma Castro tomou nota de todas as cuestións tratadas e valorará a posibilidade de realizar iniciativas parlamentarias sobre estes asuntos.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Continuando cos contactos parlamentarios, o COLEF Galicia reuníuse o martes 16 coas deputadas parlamentarias Iria Carreira (encargada área de sanidade), María Cristina Fernández (encargada área de educación) e Iago Suárez (encargado área de deportes) do BNG.

Trasladándolles a realidade da práctica das actividade físico-deportivas en Galicia e as demandas profesionais da Educación Físico-Deportiva nos ámbitos sanitario e educativos. Todas as cuestións tratadas serán levadas para expoñer no parlamento de Galicia de realizar iniciativas parlamentarias sobre todo o tratado.