Seleccionar páxina

Participación do COLEF Galicia como peritos nas probas físicas para bombeiro-condutor en Ferrol

Os días 4 e 5 de novembro, profesionais do COLEF Galicia participaron como peritos especialistas na avaliación das probas físicas correspondentes ao proceso selectivo para 7 prazas de Bombeiro-Condutor do Concello de Ferrol.

Os/as peritos/as designados forman parte da Guía de Peritos Xudiciais de UPRO, o que garante que a súa intervención se realiza baixo criterios de rigor técnico, imparcialidade e estrito cumprimento da normativa vixente.

A participación dos Educadores/as Físico Deportivos/as colexiados/as asegura:

  • Profesionalidade na execución e valoración das probas
  • Transparencia durante todo o proceso selectivo
  • Obxectividade e independencia dos resultados
  • Máxima calidade técnica en servizos relacionados coa aptitude física.

Desde o COLEF Galicia reafirmamos o noso compromiso coa sociedade e coas administracións públicas, velando polos dereitos das persoas aspirantes e garantindo procesos de selección xustos e con todas as garantías profesionais.