O pasado venres 23 de outubro, o Xerente do COLEF Galicia, Diego Vilas Casal (#EFD nº 56.399) e a Coordinadora de Proxectos do COLEF Galicia, Laura González González (#EFD nº 68.159), estiveron co alumnado de terceiro e de cuarto curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de A Coruña.
Desde o COLEF Galicia temos moi claro que o compromiso coa profesión arranca dende o primeiro día na facultade, moito antes de rematar os estudos. Por iso, para nós é fundamental manter unha presenza constante nas facultades galegas de Ciencias da Actividade Física e do Deporte e falar directamente cos futuros profesionais.
Nestas visitas dámoslles aos estudantes consellos que poden utilizar mentres están na súa etapa universitaria, comentámoslles diferentes situacións coas que se van a atopar cando dean o salto ao mundo laboral e amosámoslles a situación actual dos EFD. Tamén falamos da figura do precolexiado/a e da importancia do COLEF Galicia, destacando o valor de estar colexiados/as para protexer o noso traballo fronte ao intrusismo e explicamos os beneficios da mesma, como o Seguro de Responsabilidade Civil.
Estas xornadas serven para que os estudantes coñezan a quen acudir cando precisan axuda, escoitar o que lle preocupa as novas xeracións e para resolver as súas dúbidas de primeira man.
Queremos agradecer a Vicente Gambau i Pinasa (EFD nº 8.916) por permitirnos poder realizar esta xornada durante a súa clase de Xestión. É un privilexio contar con docentes tan comprometidos en achegar a realidade profesional ás aulas.
