Seleccionar página
O COLEF GALICIA É O 5º DO ESTADO EN NÚMERO DE MEMBROS
Na actualidade ten 851 colexiados e colexiadas, con maioría de homes e con idades entre os 25 e os 55 anos na súa maioría
  
O Consejo COLEF vén de publicar o Anuario Estadístico de Colegiación y Evolución de los Colegios Profesionales de Licenciados en Educación Física y en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte, que pon de manifesto que o COLEF Galicia é o quinto en número de colexiados e colexiadas, só por detrás dos das comunidades de Catalunya, Madrid, Andalucía e Valencia. O COLEF Galicia tiña a 31 de decembro do 2018, 851 membros, mentres que no conxunto dos colexios a cifra ascende a 14.098. O 81%  son exercentes (691), o 11,4% son no exercentes (97), e os honoríficos o 7,4% (63). No último ano a colexiación medrou con 21 novas persoas. A maioría dos colexiados son homes: 595 fronte a 256 mulleres. O informe completo pódese consultar na web do Consejo COLEF nesta ligazón.

X