Seleccionar página

Propostas para a reconstrucción de Galicia ante a Covid-19

Foron xa enviadas aos poderes executivo, lexislativo e xudicial de Galicia.

O COLEF Galicia, como entidade membro de Unión Profesional de Galicia, que representa a 40 colexios profesionais e 30 profesións, propón negociar un Pacto por un Emprego de Calidade en Galicia para titulados universitarios na estratexia para saír da crise do SARS-Cov-2. Neste censo os colexios profesionais de Galicia reinvidican o seu protagonismo na loita contra a pandemia a través do documento Propostas das Profesións Colexiadas para a reconstrución de Galicia ante a pandemia da Covid19.

A publicación, editada en papel e en versión dixital e remitida a todos os estamentos da comunidade autónoma, contén unha serie de propostas das profesións colexiadas que teñen como “único ánimo colaborar na reconstrución económica, sanitaria e social da Galicia do futuro mais próximo.

Unión Profesional de Galicia propón crear un Comité de Expertos Profesionales co obxectivo de asesorar ao gobernó autonómico nas estratexias para sair da crise da covid-19, poñéndose a disposición do executivo galego. Neste intre é preciso considerar a visión global e multidisciplinar que poden aportar os colexios profesionais polo que se traslada ás autoridades a oportunidade de traballar coa rede colexial.