O COLEF Galicia reúnese cos políticos para avanzar na profesionalización
Jun 18, 2020
O COLEF Galicia está a reunirse estes días con diferentes representantes políticos que nos están a contactar interesados nas diferentes denuncias realizadas por irregularidades na contratación de persoal nas administracións, intrusismo, e propostas para os programas das vindeiras eleccións autonómicas.
Por unha banda, o partido Ciudadanos Lugo, representado por Olga Louzao e Juan Vidal, interesouse pola Relación de Postos de Traballo recentemente aprobada polo Concello de Lugo, onde se constatan unha praza de coordinar de deportes con titulación incorrecta e dúas prazas de encargados de deportes que non refiren titulación, o que incumpra a Lei do Deporte 3/2012 de Galicia.

Por outra parte, logo de recibir as propostas realizadas polo colexio, os partidos Bloque Nacionalista Galego, representado por Luis Bará; e Marea Galeguista, representado por Peque González e Andrés Núñez Rajoy, mantiveron reunións para aclarar a información, preocuparse polos problemas que puideran sufrir os/as EFD a raiz da crise da COVID-19, e perfilar os seus programas electorais.

Continuamos abertos a máis contactos e reunións que poidan mellorar a visibilidade e solucións ás problemáticas dos educadores físico deportivos en Galicia.
Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a nosa páxina web, entenderase que este deu o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información a este respecto consultando nosa Política de Cookies.Configuración das cookiesAceptar Política de cookies