Seleccionar páxina

[Vía Consejo COLEF]

O Programa Formativo en Competencias Dixitais aplicadas ao ámbito da Educación Física e Deportiva contará con recoñecemento universitario e 6 créditos ECTS, certificados pola Universidade de Barcelona. Esta acreditación universitaria reforza o valor profesional do programa e facilita que a formación poida computarse como mérito en procesos selectivos da Administración Pública, como prazas docentes ou técnicas. As educadoras e educadores físico deportivos que desexen obter o título universitario deberán rexistrarse previamente a través do formulario habilitado pola propia universidade, ligazón que se lle facilitará durantes as próximas semanas desde o equipo dinamizador. Unha oportunidade formativa con impacto real na carreira profesional.

O Programa Formativo en Competencias Dixitais para educadoras e educadores físico deportivos segue dando pasos firmes para reforzar o seu valor profesional. O programa contará con recoñecemento universitario e unha carga de 6 créditos ECTS, que serán certificados pola Universidade de Barcelona de forma gratuíta.

INSCRÍBETE

MÁIS INFORMACIÓN

Este recoñecemento supón un elemento diferencial moi relevante: ao finalizar o programa, os participantes obterán unha titulación universitaria de formación permanente. Esta acreditación universitaria achega un valor decisivo ao currículo do alumnado, impulsando a túa proxección profesional tanto no sector público como no privado.

Na actualidade, dispoñer de créditos ECTS certificados por unha universidade facilita notablemente que esta formación poida computar como mérito en procesos selectivos da Administración Pública. É o caso, por exemplo, de prazas docentes, bolsas de emprego, procesos de estabilización, oposicións ou convocatorias de persoal técnico en entidades locais, autonómicas ou estatais, onde a formación universitaria adoita ter un peso específico na fase de concurso.

A formación consta dunha carga total de 150 horas, equivalentes a 6 ECTS, o que garante unha correspondencia clara entre o esforzo formativo realizado e o seu recoñecemento académico. Non se trata só de horas de formación, senón dunha estrutura deseñada e avaliada conforme a criterios universitarios, algo que marca a diferenza á hora de acreditar méritos.

Convén ter en conta un aspecto importante: o certificado universitario non se emite de forma automática.

Todas aquelas educadoras e educadores físico deportivos que estean a cursar o programa e queiran obter o título expedido pola Universidade de Barcelona deberán encher o formulario habilitado pola propia universidade para o rexistro do alumnado. Este formulario será remitido nas próximas semanas desde o equipo dinamizador ás persoas rexistradas no Programa Formativo en Competencias Dixitais aplicadas ao ámbito da Educación Física e Deportiva.

Unha vez finalice o programa, quen o superara e realizasen correctamente este rexistro recibirán o título universitario correspondente, conforme á normativa de formación permanente da Universidade de Barcelona.

Con este aval académico consolídase a aposta do Consejo COLEF por unha formación permanente de calidade, aliñada coas esixencias actuais do exercicio profesional e con impacto real na carreira das persoas educadoras físico deportivas.

Está acreditación transcende o académico para ofrecer un valor tanxible: é unha ferramenta útil, tanxible e directamente aplicable, que permite que o esforzo formativo teña retorno profesional, especialmente nun contexto no que a certificación de méritos é cada vez máis determinante.

Neste contexto, inscribirse agora no Programa Formativo adquire un atractivo engadido especialmente relevante. Máis que un curso de dixitalización, trátase dunha titulación que ofrece recoñecemento universitario e 6 créditos ECTS, cun impacto directo na empregabilidade e na carreira profesional, especialmente para quen participa —ou prevén participar— en procesos selectivos da Administración Pública. Unha oportunidade dificilmente replicable noutras formacións do sector, que converte este programa nunha aposta estratéxica tanto a curto como a medio prazo para as educadoras e educadores físico deportivos.

Esta acción é o punto onde todo empeza a encaixar. Aquí establécese o marco profesional que vai dar sentido a cada bloque posterior da parte específica. Avanzar nesta acción formativa non é “seguir sumando horas”, senón activar o fío condutor que che permitirá aproveitar con maior criterio e coherencia todo o que vén despois.

Esta acción mostra con claridade que diferenza a este Programa doutras formacións dixitais: non empeza pola ferramenta, senón polo criterio profesional. Inscribirche é dar o primeiro paso nun percorrido formativo con base, identidade e continuidade, pensado especificamente para a Educación Física e Deportiva.

INSCRÍBETE

MÁIS INFORMACIÓN

Más información e inscricións en:
https://www.consejo-colef.es/competencias-dixitais