Aclaración á obriga de ter a exposición pública o nome e titulación dos profesionais que traballan nunha instalación deportiva en Galicia.
Ben sexa unha instalación pública ou privada, de xestión directa, indirecta ou con cesión a entidades diferentes ao titular da instalación, a Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia non fai distincións entre público/privado ou xornada completa/parcial nin menciona ningunha excepción, polo tanto afecta a todas as persoas que presten servizos profesionais nos niveis de dirección, ensino ou animación
Os titulares das instalacións son os responsables de dispor dun espazo e publicar ou facer publicar a información do artigo 83.4 da Lei 3/2012 en lugar visible. Será a Administración Autonómica a que esixa o seu cumprimento.