Os días 20, 21 e 22 de maio estivemos participando na Feira da Saúde Pontesán 2022, este ano adicada á saúde mental. Ata a cidade de Pontevedra desprazamos un stand corporativo equipado con diverso material promocional e técnico, co que poder facer una pequena valoración ás persoas interesadas e entregarlle información sobre hábitos de vida e práctica física saudable.
Foron diversas persoas colexiadas as que se achegaron a saudarnos e coas que puidemos conversar sobre a exposición e as diferentes actividades. Ao longo da fin de semana o COLEF Galicia participou moderando unha mesa redonda sobre os “beneficios físicos e mentais da actividade física e deportiva”, na que participaron representantes de seis entidades deportivas locais. Asemade tamén se organizou unha “sesión de iniciación ao ioga en familia”, e unha ponencia sobre “os beneficios na saúde mental dunha boa práctica física”. Todas estas actividades tiveron unha grande acollida e participación, que axudou a visibilizar a figura dos/as educadores/as físico deportivos entre as asociacións, asistentes, e representantes políticos e sociais que acudiron ao evento.