Seleccionar página

O día 8 de marzo conmemórase o “Día Internacional da Muller”, institucionalizado polas Nacións Unidas en 1975. Son innumerables as mulleres que traballan demostrando que son iguais aos homes en dereitos e en obrigacións, todos os días e en calquera lugar do mundo. Tamén na prevención do afogamentoo, no rescate acuático, nos primeiros auxilios ou en calquera situación de emerxencia. A posibilidade e capacidade de axudar aos demais non depende do xénero, depende da preparación e da vontade para facelo. Hoxe, dedicamos o noso vídeo “Mensaxes desde a Igualdade” a todas as mulleres.

[Vía José Palacios Aguilar]

Existen moitas formas de violencia sobre as mulleres mais algunhas delas pasan desapercibidas. As investigacións demostran que só arredor do 6 % das noticias deportivas teñen como protagonistas mulleres, cando son elas as que maiores éxitos deportivos están acadando nos últimos anos. As rapazas, igual que pasa coa maioría das carreiras STEM, son unha minoría nos graos de Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Este xornal tenta sensibilizar sobre a invisibilización de certas profesións realizadas por mulleres, neste caso as vinculadas ao deporte, e sobre as violencias machistas.

[Vía Web UDC]