Introdución
O “Consejo Superior de Deportes” (CSD) xunto co “Consejo General de Colegios Oficiales de Licenciados en Educación Física y en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte” (Consejo COLEF), lanzan este dossier con claves prácticas para transformar a Educación Física (EF) escolar nun espazo libre de estereotipos, onde todas as persoas poidan moverse con liberdade e ser recoñecidas con orgullo.
A EF cambiou. Xa non se trata de competir, clasificar e sinalar corpos “aptos” ou “non aptos”. Hoxe, nas escolas que educan en saúde e cidadanía, a clase de EF é o lugar onde o alumnado aprende a coñecerse, a convivir e a respectar a diversidade. Tamén a diversidade sexual, de xénero e corporal.
O dossier, “Corpos que suman, prexuízos que caen” é unha ferramenta pensada para profesorado, equipos directivos e familias que desexan construír unha Educación Física máis inclusiva, empática e segurapara o alumnado LGTBI+
Que atopará no dossier?
Ao longo de oito bloques breves e aplicables, o documento:
• Demostra por que a EF é clave na saúde mental, o respecto mutuo e a prevención do acoso.
• Desmonta mitos moi estendidos (e moi falsos), como que “falar de diversidade en EF non toca”.
• Ofrece consellos prácticos desde catro perspectivas: entre docentes, entre docentes e alumnado, desde o alumnado, e entre centro e familias.
• Propón recursos e dinámicas para usar xa.
• Lanza un reto de 25 días: unha acción diaria, sinxela e transformadora para docentes que queiran marcar a diferenza.