
O COLEF Galicia informa das últimas novidades sobre o Programa Formativo en Competencias Dixitais aplicadas á Educación Física e Deportiva
O COLEF Galicia quere trasladar á súa colexiación as actualizacións máis recentes remitidas polo Consejo COLEF en relación co Programa Formativo en Competencias Dixitais aplicadas á Educación Física e Deportiva (EFD), unha iniciativa clave para o avance profesional e a actualización permanente do colectivo.
Desde o colexio queremos agradecer o compromiso de todas as persoas que xa completaron parte ou a totalidade da formación, así como animar a quen continúa traballando nos diferentes bloques. O esforzo individual de cada profesional contribúe a fortalecer e prestixiar a Educación Física e Deportiva en Galicia.
Requisitos para superar a formación
Para obter a certificación oficial, é necesario cumprir cos seguintes mínimos:
Formación transversal (40 horas): superar polo menos o 75% (30 horas).
Formación específica (110 horas): superar o 75% (82,5 horas acumuladas entre as tres modalidades).
Nota: das 20 horas ofertadas en modalidade presencial, 10 son obrigatorias.
Alternativas para cumprir as horas presenciais obrigatorias
As persoas que non puideron asistir á sesión presencial celebrada en Santiago de Compostela os días 1 e 2 de maio de 2026 dispoñen dunha alternativa telemática. Poderán conectarse en directo ás seguintes xornadas:
Canarias: 6 e 7 de xuño
Madrid: 13 e 20 de xuño
Estas sesións permitirán completar as horas obrigatorias do bloque presencial.
Data límite de finalización
O prazo para completar tanto a formación transversal como a específica na plataforma remata o 30 de xuño. Unha vez pechado o prazo e verificadas as horas superadas, o COLEF Galicia remitirá os datos á Universidade de Barcelona (UB) para a expedición do certificado oficial de 6 créditos ECTS.
Recomendamos non deixar as tarefas pendentes para os últimos días, co fin de evitar posibles incidencias técnicas.
O COLEF Galicia agradece novamente o compromiso da colexiación coa formación continua e coa mellora da calidade profesional no ámbito da Educación Física e Deportiva. Seguiremos informando de todas as novidades relacionadas co programa e co proceso de certificación.