Figura de precolexiado/a
A figura de precolexiado/a está formada polos/as estudantes do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CCAFYD) da Universidade de A Coruña (UDC) e da Universidade de Vigo (UVIGO).
Trátase dunha canle de conexión directa co ámbito profesional mentres se cursan os estudos universitarios, facilitando a vindeira insercción no sector da actividade física e do deporte.
Vantaxes de estar Precolexiado/a
As principais vantaxes de estar precolexiado/a son as seguintes:
- Gratuito: a inscrición e o mantemento desta condición non supón custo económico algún para o/a estudante.
- Asesoramento: apoio do estudante en calquera cuestión relacionada coa etapa educativa ou o ámbito laboral.
- Formación Especializada: acceso a cursos, xornadas e seminarios organizados polo Colexio con tarifa bonificada.
- Orientación Profesional: acceso a consultas sobre saídas laborais e funcionamento do mercado de servizos deportivos.
- Bolsa de emprego: acceso a ofertas laborais destinadas a estudantes de CCAFYD.
- Actualización Profesional: recepción de boletíns informativos e novidades lexislativas do sector.
- Identidade Colectiva: pertenza á organización que vela pola ordenación, defensa e promoción da profesión en Galicia.
- Desconto na Colexiación: a persoa titulada que formou parte desta figura obten unha bonificación na primeira cota de colexiación.
Promocións para Precolexiados/as
Actualmente, co obxetivo de faciliar aos estudantes o acceso ao mundo laboral, o COLEF Galicia ten varias promocións na cota de alta e na cota de colexiación para os precolexiados/as e para os titulados recentes (enténdese como titulado recente ao titulado que se quere colexiar antes de 365 días despois de solicitar o título do grao)
(As persoas que se adhiran a algunhas de estas promocións ten compromiso de permanencia o segundo ano)
Ofertas de emprego
EMPREGO PRIVADO
Formacións
Actualmente non hai ningunha formación dispoñible.
Principais dúbidas
Canto custa estar precolexiado/a no COLEF Galicia?
É gratuito.
Cando se considera oficialmente que estou titulado?
A obtención oficial do título non se adquire soamente aprobando todas as materias, senon que se adquire seguindo este procedemento:
- Unha vez rematados os estudos, acudir á secretaría da facultade para solicitar a expedición do título.
- Alí indican a obriga de realizar o pagamento correspondente das taxas administrativas.
- Efectuar o pagamento do importe establecido.
- Entregar a secretaría o xustificante bancario de pagamento.
Paguei as tasas do titulo, pero, por que nunca me chegou?
Seguramente porque cando aboaches as taxas, non lle levaches o xustificante á secretaria da facultade.
Teño algún beneficio por estar colexiado/a na inscripción dalgún máster?
Sí, hai másteres nos que se es colexiado/a tes un desconto no acceso, como por exemplo nalgúns da UNIR ou da UEM.
Que documentación preciso para darme de alta como precolexiado/a?
No momento de realizar a solicitude de precolexiación non é preciso enviar ningunha documentación. Con todo, se o COLEF Galicia o considera oportuno, poderá solicitar algún documento xustificativo que acredite a condición de estudante de CCAFYD.
Como me repercute ter estado precolexiado/a á hora de colexiarme?
Estar precolexiado/a repercute favorablemente no custo da primeira cota de colexiación.
- Se te colexias antes de trascorrer un ano dende a data de titulación, a cota do primeiro ano terá un prezo reducido de 30€.
- Se o fas pasado o ano, beneficiaraste dun desconto do 50% na cota de alta (pagando 25 €).
Que saídas ten o Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte?
O grao abrangue múltiples campos profesionais entre os que destacan: o ensino, a preparación física-deportiva, o rendemento deportivo, a saúde e o benestar e a xestión deportiva.
Quen pode solicitar a figura de precolexiado/a?
A figura de precolexiado/a pode ser solicitada por calquera estudante matriculado en calquera curso do grao de CCAFYD da Comunidad Autónoma de Galicia.
Que aspectos académicos de 4º curso poden afectar na inscrición do máster?
É fundamental ter en conta que a data de titulación condicionan diretamente na adxudicación de prazas para acceder aos másteres universitarios*.
En varios másteres a data de prescrición do máster remata antes da entrega do TFG da segunda convocatoria.
Polo tanto, soamente se poden inscribir ao máster aqueles titulados que rematen o grado na primeira convocatoria de TFG (xuño).
- *Consulta os requisitos do acceso ao máster
Cando podo pasar de estar precolexiado/a a colexiado/a?
A figura de precolexiado/a pasa a ser colexiada no momento no que estudante acada a titulación e se pon en contacto co COLEF Galicia para comezar co trámite formal da colexiación.