Seleccionar páxina

[Vía Unión Profesional de Galicia]

SANTIAGO DE COMPOSTELA. Unión Profesional de Galicia celebrou o pasado 20 de xuño a gala de entrega dos Premios á Excelencia e Compromiso Profesional 2026, unha cita que reuniu en Santiago de Compostela a representantes institucionais, presidentes e decanos de colexios profesionais, profesionais galardoados, familiares e numerosos invitados para render homenaxe a quen dedicou a súa traxectoria ao servizo da sociedade desde o exercicio das súas respectivas profesións.

A cerimonia, celebrada no Hotel Porta do Camino, volveu converterse nun recoñecemento colectivo ao papel que desempeñan as profesións colexiadas no desenvolvemento económico, social e humano de Galicia.

Durante a apertura do acto, o Presidente de Unión Profesional de Galicia, José María Suárez Quintanilla, destacou a importancia de recoñecer publicamente o esforzo de quen, desde ámbitos profesionais moi diversos, contribúen cada día para construír unha sociedade máis preparada, innovadora e comprometida.

Os Premios á Excelencia e Compromiso Profesional distinguen anualmente a profesionais propostos polos colexios integrados en Unión Profesional de Galicia que representan os valores que inspiran o exercicio profesional: a excelencia, a ética, a honestidade, o compromiso e a vocación de servizo.

Unión Profesional de Galicia distingueu ao colexiado do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia a José Luis Romero Nieves #EFD Nº 3.435. O premio entregouno o Presidente do COLEF Galicia, Henrique Xoán Rodríguez Pantín e recolleuno no nome do premiado o Secretario do COLEF Galicia, Alexandre Fernández Fernández.