que son os premios
O obxecto dos premios é dar traslado á sociedade do traballo de persoas de recoñecido prestixio nos diversos ámbitos da actividade profesional físico-deportiva galega, premiando a aquelas que, no exercicio da súa actividade e ao longo da súa traxectoria profesional, teñan contribuído a impulsar ou difundir os valores da actividade físico-deportiva e de forma extraordinaria á garantía dos intereses da cidadanía na prestación de servizos físico-deportivos e á defensa desta organización colexial, da profesión ou dos seus membros colexiados.
CATEGORÍAS
DOCENCIA
DIRECCIÓN E XESTIÓN DEPORTIVA
RENDEMENTO DEPORTIVO
SAÚDE
SOCIAL
ESPECIAL
CANDIDATURAS DEFINITIVAS
Tipos de Premios
Os Premios COLEF Galicia serán convocados anualmente. Habería dous tipos de premios: POR ESPECIALIDADES E ESPECIAL
Proposta de candidaturas
O prazo de presentación de candidaturas: 3-13 de febreiro de 2023
Quen pode presentar un candidato/a?
As candidaturas poden ser presentadas por un/unha ou varios/as educadores/as físico deportivos/as, non estando admitidas as candidaturas en nome propio.