Seleccionar página

Código deontolóxico

OS/AS EDUCADORES/AS FÍSICO DEPORTIVOS/AS TEÑEN UN NOVO CÓDIGO DEONTOLÓXICO

Decembro de 2019

Aprobado o Código Deontolóxico da profesión da Educación Física e Deportiva

Esta norma é o máximo expoñente do compromiso profesional dos/ as educadores/ as físico deportivos/ as: unha persoa profesional colexiada ofrece as máximas garantías na prestación dos seus servizos á cidadanía ao estar suxeita a unhas normas deontolóxicas. O 90º Pleno do Consello COLEF, celebrado en León os días 30 de novembro e 1 de decembro, marcou un fito para os/ as educadores físico deportivos/ as de España: por primeira vez a profesión ten un Código Deontolóxico creado ad hoc para a realidade española e a evolución da profesión. Ata o momento, a deontoloxía na Organización Colexial da Educación Física e Deportiva estivo sustentada polo Código da Asociación Europea de Educación Física (EUPEA), asumido polo Consello Xeral como membro fundador desta asociación desde 1991.

Esta norma ética que uniformiza o dilixente comportamento profesional, era útil e específica para os profesionais dedicados ao ensino da Educación Física. Con todo, o seu encaixe e extrapolación ao resto de actos profesionais da Educación Física e Deportiva era complexo. Por todo iso era necesario elaborar o conxunto de principios e regras éticas que regulan a profesión dos/as educadores/as físico deportivos/as, tendo en conta a natureza das diferentes actividades e modalidades da profesión, establecendo regras e preceptos que poidan orientar a todas e cada unha das persoas educadoras físico deportivas no seu exercicio profesional. Unha das peculiaridades propias do réxime xurídico dos Colexios Profesionais e o exercicio das profesións tituladas, que recolle a Constitución Española (art. 36 CE), é a función deontolóxica que a lei ordinaria, Lei 2/1974, do 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais, atribúe a estas corporacións de dereito público. Esta norma é o máximo expoñente do compromiso profesional dos/ as educadores/as físico deportivos/as.

A actuación dos/as educadores/as físico deportivos/as debe estar suxeita a uns principios éticos profesionais, tendo en conta as consecuencias que esta pode ocasionar en dereitos consagrados na Constitución Española como son a saúde e a seguridade da cidadanía. Por iso, este Código Deontolóxico é unha norma de obrigado cumprimento e complementa a normativa legal e profesional, ademais de requirir a atención e respecto ao seu cumprimento polos demais actores presentes na prestación do servizo profesional como son os clientes deportistas, e empregadores públicos e privados. Queda por diante un traballo de difusión do Código Deontolóxico entre os profesionais para o seu cumpliento e entre a cidadanía como ferramenta básica de protección dos seus dereitos nos servizos de Educación Física e Deportiva.

Accede ao Código Deontolóxico 

Carné profesional