araOla!
Galicia Business School, con quen temos un convenio de colaboración, impartirá o Programa Xeración Dixital PEMES. Un programa deseñado específicamente para directivos e empresarios de pequenas e medianas empresas galegas que buscan afrontar os desafíos da era dixital e potenciar a competitividade dos seus negocios.
As primeiras edicións contarán con empresarios, directivos e profesionais con funcións directivas pertencentes a pemes galegas, entre os 10 e os 249 traballadores.
Todos eles dividiranse en grupos repartidos entre tres das cidades máis importantes de Galicia:
- Santiago de Compostela: inicio martes 12 de setembro.
- A Coruña: inicio mércores 13 de setembro.
- Vigo: inicio xoves 14 de setembro.
O programa constará de 5 xornadas presenciais, para un total de 40 horas. O resto de sesións, ata un total de 100 horas, terán lugar en formato de presencialidade dixital entre semana.
Ao longo do programa, que se desenvolverá durante tres meses, os participantes tratarán as seguintes temáticas:
- A empresa na economía dixital
- Transformando a experiencia do cliente
- Habilitando tecnoloxicamente a transformación
- Xestionando o cambio
- Casos de uso sectoriais
- Plan de transformación dixital das empresas
*Este programa, valorado en 6.000 €, é completamente gratuíto grazas ao financiamento do fondo Next Generation EU. Só poderán optar á formación persoas que realicen funcións directivas en pemes de entre 10 e 249 traballadores. Ademáis, como máximo só dúas persoas, por cada peme adherida, poderán cursar a formación.
Para resolver calquera dúbida sobre o programa formativo, podes contactar con generaciondigital@galiciabusinessschool.es ou no 886317146, indicando que eres un profesional colexiado no COLEF Galicia.
Un saúdo.