Seleccionar página

COLEF Galicia estará este domingo, día 2 de decembro, a partir das 9.30 da mañá na praza de España de Ferrol para organizar un quecemento activo destinado ás personas que van participar no XXXIII Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría, unha media maratón que percorrerá os concellos de Ferrol, Narón, Neda e Fene. O obxectivo desta actividade é traballar toda a musculatura implicada na proba para evitar o risco de lesións e para que o corpo alcance a temperatura axeitada e non se quede frío antes da carreira. Tamén se ofrecerán recomendacións para a recuperacióndespois da actividade e para que a musculatura se recupere con garantías.