Seleccionar página
O Consejo COLEF está realizando un “Rexistro de información para as boas prácticas profesionais no ámbito orientado á saúde”, para o que recolle información para o establecemento de niveis de boas prácticas de exercicio físico para a saúde no ámbito sanitario coa incorporación de Educadores Físico Deportivos (EFD) en centros sanitarios ou a derivación de pacientes aos centros deportivos. Ámbalas formas de desenvolver a famosa “receta deportiva” son a clave para que a prescripción de exercicio físico sexa efectiva. Os dous formularios implementados son os seguintes:·         Educadores/as físico deportivos/as en centros sanitariosRexistra as boas prácticas realizadas en c. sanitarios de calquer tipo (hospitais, c. saúde, clínicas de fisioterapia, clínicas nutricionais, etc.) nas que exista incorporado a figura do EFD (TU en CCAFYDE) como parte do personal que presta servizos nos mesmos. Entrar ao formulario·         Programas de derivación de pacientes a centros deportivosRexistra as boas prácticas realizadas en c. sanitarios de calquer tipo (hospitais, c. saúde, clínicas de fisioterapia, clínicas nutricionais, etc.) nos que deriven aos seus pacientes a c. deportivos de xeito sistemático como parte dun programa, onde sexan atendidos por EFD. Entrar ao formulario Toda a información recopilada tratarase científicamente e servirá tamén para establecer niveis de boas prácticas de exercicio físico para a saúde no ámbito sanitario e elaborar unha guía de orientación a futuros programas.O formulario está aberto para ser cumprimentado por Educadores/as Físico Deportivos/as pero tamén por persoal médico, de enfermería, de fisioterapia, de psicoloxía, nutricionistas, de terapia ocupacional, de podoloxía, outras profesiones sanitarias, ou incluso personal de xestión dos centros. As prácticas poden estar realizándose actualmente, ou xa ter finalizado. 
NOVIDADE: OFERTAS LABORAIS – En BeOne Brión buscan Técnico Deportivo. Accede á emprego para obter máis info. – Nos Concellos de Vilarmaior e Miño requiren Técnico Deportivo. Accede á emprego para máis info.