RECOMENDACIÓNS PARA A PRÁCTICA DE EXERCICIO EN ESCOLARES CARDIÓPATAS: 2020
Ago 18, 2020
Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria Santiago de Compostela 2020
Nas décadas pasadas, a actividade física primou como un factor de risco nos/as nenos/as con cardiopatías, polo que as recomendacións por parte dos profesionais da saúde tendían a ser restritivas. Nos últimos anos esta situación está a ser revertida, e existe unha tendencia xeral cara a estimular e promover a práctica de actividade física nos/as nenos/as afectados/as.
O cambio fundaméntase en dous aspectos: o primeiro relaciónase coa tendencia natural dos/as nenos/as para xogar e moverse; e o segundo vai ligado aos beneficios que supón manter unha actividade física regular para o sistema cardiovascular, observándose melloras na capacidade cardiorrespiratoria, no sistema músculoesquelético e na adquisición de habilidades motrices, o que implica unha mellor autoestima e calidade de vida.
Os efectos favorables da actividade física están avalados por múltiples publicacións na literatura médica, así como polas máis importantes sociedades científicas e/ou grupos de traballo1-15. En xeral, no ámbito das cardiopatías conxénitas ou familiares predominan as recomendacións en adultos sobre a elixibilidade de deportistas para a práctica deportiva.
Na elaboración deste documento revisouse, por parte dun grupo de traballo interdisciplinario, a literatura científica dispoñible (guías clínicas, artigos de opinión, revisións ou meta-análises), co obxectivo de actualizar ou plasmar recomendacións claras para a abordaxe do exercicio físico en pacientes cardiópatas en idade escolar (táboa 1).
De entre as múltiples cardiopatías existentes, seleccionáronse as máis prevalentes e con maior representación na evidencia científica (25 patoloxías, complementadas con recomendacións específicas para os portadores de marcapasos, dispositivos e post intervención inmediata).
En determinadas cardiopatías familiares, engadíronse unhas recomendacións específicas para un subgrupo de pacientes portadores da variante xenética patoxénica, sen expresar a enfermidade (xenotipo positivo e fenotipo negativo (G+F-).
En calquera caso, é importante resaltar que as guías non poden ser consideradas como documentos xuridicamente vinculantes ou que substitúan a responsabilidade ou a opinión do médico responsable do paciente. En concreto a decisión de permitir ou recomendar a actividade física a un paciente debe de ser individualizada, tendo en conta a cardiopatía concreta, os riscos potenciais que implica e as expectativas do paciente.
Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a nosa páxina web, entenderase que este deu o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información a este respecto consultando nosa Política de Cookies.Configuración das cookiesAceptar
Política de cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are as essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.