Seleccionar página

O COLEF Galicia considera lamentable que unha institución pública como a Universidade da Coruña convoque unha praza de técnico de deportes incumprindo a normativa autonómica, de xeito semellante á que recentemente realizou a Universidade de Vigo, ambas institucións titulares de cadansúa Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte en Galicia.

Porén ven de presentar recurso potestativo á convocatoria de 1 praza da escala técnica de deportes (A2) Universidade da Coruña que incumpre a Lei de Deporte de Galicia, ao non incluir nas bases ningún requisito de  titulación do ámbito das actividades física e deportivas.

Accede ao recurso

Asemade foi remitida carta ao Reitorado da UDC pois a nosa profesión emana directa e indisolublemente da Titulación Universitaria en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, que se imparte na Facultade da propia UDC.

Accede á carta