ACCEDE AO COMUNICADO COMPLETO EN PDF
RESPOSTA AO COMUNICADO DO SINDICATO SATSE GALICIA SOBRE O PROGRAMA COMUNITARIO DE PRESCRICIÓN DE EXERCICIO FÍSICO E SAÚDE DA CONSELLERÍA DE SANIDADE
Perante a publicación o pasado 30 de xuño dun comunicado do sindicato SATSE Galicia sobre o Programa comunitario de prescrición de exercicio físico e saúde da Consellería de Sanidade, o COLEF Galicia desexa realizar as seguintes aclaracións sobre o mesmo:
1. APOIAMOS O PROGRAMA COMUNITARIO DE PRESCRICIÓN DE EXERCICIO FÍSICO E SAÚDE DA CONSELLERÍA DE SANIDADE.
Consideramos que se trata dunha iniciativa moi favorable para a mellora da saúde e da calidade de vida da cidadanía, baseada en numerosas evidencias científicas sobre os beneficios para a saúde da práctica de exercicio físico correctamente pautado e supervisado. É un programa interdisciplinar onde o/a médico prescribe a práctica de exercicio físico e os/as Educadores/as Físico Deportivos/as elaboran e supervisan un programa de exercicio físico adaptado á patoloxía de cada persoa, seguindo as recomendacións dos médicos.
2. NON EXISTE INTRUSISMO PROFESIONAL POR PARTE DOS EDUCADORES/AS FÍSICO DEPORTIVOS/AS.
O Programa comunitario de prescrición de exercicio físico e saúde cumpre o establecido no Informe da Subdirección General de Ordenación Profesional do Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, no que se atribúe ás/aos Educadoras/es Físico Deportivas/os a capacidade de dirixir, supervisar e avaliar a práctica de exercicio físico para persoas con problemas de saúde:
“Los Educadores/as Físico Deportivos/as pueden dirigir, supervisar y evaluar la práctica de ejercicio físico, adaptado a las características, necesidades y preferencias de estas personas [de cualquier edad que tengan algún problema de salud, aquellas con diversidad funcional o con capacidades diferentes], contribuyendo a la adherencia a las prescripciones de los profesionales sanitarios y al mantenimiento de la práctica de la actividad física regular“.
O citado informe enmarca todas as súas disposicións na Resolución de 18 de septiembre de 2018 de la Secretaría General de Universidades (BOE 228, de jueves 20 de septiembre de 2018), na que se establecen as recomendacións para as memorias de verificación do título oficial de Grao en Ciencias da Actividad Física e do Deporte. Nesa Resolución establécense entre as Áreas de Competencias dos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte as seguintes, nas que queda manifesto que a competencia da mellora da saúde mediante o exercicio físico é propia das/dos Educadoras/es Físico-Deportivas/os:
- Prevención, adaptación y mejora del rendimiento físico-deportivo y de la salud mediante la condición física y el ejercicio físico (AC_2)
- Promoción de hábitos saludables y autónomos mediante actividad física y deporte (AC_3).
Nos Resultados de Aprendizaxe que desenvolven esas Áreas de Competencia queda aínda máis patente a atribución da mellora da saúde mediante o exercicio físico ás/aos Educadoras/es Físico-Deportivas/os, así como a práctica de exercicio físico para persoas con patoloxías e problemas de saúde. Asemade, establécese tamén que as patoloxías e os problemas de saúde deben ser diagnosticados por un médico e a prescrición de exercicio físico para esas persoas debe ser tamén realizada por un médico:
2.1 Saber orientar, diseñar, aplicar y evaluar técnico-científicamente ejercicio físico y condición física en un nivel avanzado, basado en la evidencia científica, en diferentes ámbitos, contextos y tipos de actividades para toda la población y con énfasis en las poblaciones de carácter especial como son: personas mayores (tercera edad), escolares, personas con discapacidad y personas con patologías, problemas de salud o asimilados (diagnosticadas y/o prescritas por un médico), atendiendo al género y a la diversidad.
2.5 Saber readaptar, reentrenar y/o reeducar a personas, grupos o equipos con lesiones y patologías (diagnosticadas y/o prescritas por un médico), compitan o no, mediante actividades físico-deportivas y ejercicios físicos adecuados a sus características y necesidades.
3.2 Saber promover, asesorar, diseñar, aplicar y evaluar técnico-científicamente programas de actividad física, ejercicio físico y deporte apropiados y variados, adaptados a las necesidades, demandas y características individuales y grupales de toda la población, y con énfasis en personas mayores (tercera edad), el género femenino y la diversidad, escolares, personas con discapacidad y personas con patologías, problemas de salud o asimilados (diagnosticadas y/o prescritas por un médico).
3. OS/AS FISIOTERAPEUTAS NON TEÑEN COMPETENCIAS NO ÁMBITO DO EXERCICIO FÍSICO PARA A SAÚDE.
No citado informe non se fai mención a ningunha competencia das/os Fisioterapeutas para pautar ou aplicar exercicio físico para persoas con problemas de saúde, senón que atribúe ao persoal sanitario a realización dunha valoración previa, estando todas estas actuacións enmarcadas nun plan integral e interdisciplinar:
“En los casos que lo precisen, por ejemplo por existencia de comorbilidad o pluripatología, resulta especialmente importante la realización de valoración previa, que descarte contraindicaciones, y la indicación, por parte del profesional o distintos profesionales sanitarios responsables del plan integral de intervención terapéutica de cada persona”.
A Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias non atribúe ás/aos fisioterapeutas ningunha competencia en prescrición, programación ou supervisión de exercicio físico. Simplemente lles atribúe os coidados propios da súa disciplina (artigo 7, punto 2, apartado b):
- b) Fisioterapeutas: corresponde a los Diplomados universitarios en Fisioterapia la prestación de los cuidados propios de su disciplina, a través de tratamientos con medios y agentes físicos, dirigidos a la recuperación y rehabilitación de personas con disfunciones o discapacidades somáticas, así como a la prevención de las mismas.
Ademais, no punto 1 do citado artigo 7, enmarca a súa actuación profesional nun contexto de competencias e autonomía dos distintos profesionais que participen no proceso:
- Corresponde, en general, a los Diplomados sanitarios, dentro del ámbito de actuación para que les faculta su correspondiente título, la prestación personal de los cuidados o los servicios propios de su competencia profesional en las distintas fases del proceso de atención de salud, sin menoscabo de la competencia, responsabilidad y autonomía propias de los distintos profesionales que intervienen en tal proceso.
4. REITERAMOS A NOSA APOSTA POLO TRABALLO INTERDISCIPLINAR.
Non entendemos a postura do sindicato SATSE Galicia, intentando impedir a posta en marcha deste programa, que pode aportar beneficios moi importantes na saúde da poboación e que está ofrecendo resultados moi positivos nos lugares onde se está realizando (mellora da saúde e calidade de vida da poboación, satisfacción dos participantes, aforro en gasto sanitario).
Reiteramos o noso apoio ao Programa comunitario de prescrición de exercicio físico e saúde da Consellería de Sanidade e avogamos polo respecto mutuo e a colaboración entre as distintas profesións que teñen influencia na saúde das persoas, para poder garantir a maior efectividade das súas actuacións.