O pasado mércores reunímonos co presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, Jose Manuel Amado, e a responsable de proxectos, Carla da Silva, para valorar a realización de accións conxuntas no espazo profesional da Educación Físico-Deportiva.
Nesta primeira reunión chegouse ao acordo de elaborar informes e estudos sobre a realidade da nosa profesión, realizar accións para a promoción da actividade física entre toda a poboación e reclamar melloras na materia de Educación Física, en especial o aumento da carga horaria.