O pasado xoves 3 de outubro, o COLEF Galicia mantivo unha reunión co Director Xeral de Promoción e Orientación Laboral da Xunta de Galicia, D. Pablo Casal, coa intención de trasladarlle a preocupación por parte do noso colectivo de que a Administración Autonómica estea a subvencionar a empresas para a realización de cursos con obriga de contratación do 40% á súa finalización, sen que o alumnado teña que ter ninguna formación previa oficial para poder realizalo. Co compromiso de que se vai modificar esta cuestión nas vindeiras convocatorias, douse por pechado o encontro.