Deputación de Lugo
O Presidente en funcións e o Xerente do COLEF Galicia, Xurxo Pena e Roberto Silva, trasladáronse onte á Deputación de Lugo para reunirse coa Deputada Dª Pilar García Porto os proxectos sobre o servizo profesional de peritaxe que se pretende por en marcha, os criterios de contratación de técnicos deportivos para as convocatorias, e a necesidade de contar cun técnico deportivo provincial que poida atender as demandas dos diferentes concellos de Lugo e de referencia profesional. No encontro tamén se puido contactar telefónicamente co Deputado de Deportes, Efrén Castro, co que agardamos poder manter contacto nas vindeiras semanas.