Reunión entre o COLEF Galicia e o Clúster da Industria do Deporte e o Benestar para avanzar en liñas comúns de colaboración.
O presidente do COLEF Galicia, Henrique Xoán Rodríguez Pantín (EFD Nº 7.370), mantivo unha reunión de traballo con Pedro Iglesias Santos (EFD Nº 9.227), presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, coa finalidade de continuar fortalecendo as sinerxías entre ambas entidades.
Durante o encontro abordáronse novas liñas comúns de colaboración orientadas á defensa profesional e ao impulso da presenza dos Educadores e Educadoras Físico-Deportivas no ecosistema deportivo galego. A reunión permitiu avanzar no traballo conxunto que xa se está a desenvolver no marco do Plan 2 Millóns e da Receita Deportiva, dous proxectos estratéxicos nos que a coordinación entre ambas organizacións resulta clave.
Tanto o COLEF Galicia como o Clúster coinciden na importancia de seguir colaborando para fortalecer o sector, promover a profesionalización e contribuír a un modelo de actividade física e deporte máis innovador, seguro e centrado na cidadanía.
