14/02/2020. Programa Comunitario: Adestra a túa saúde. O Presidente Henrique X. Rodríguez e o Xerente do COLEF Galicia Roberto Silva acudiron onte á Consellería de Sanidade a unha reunión coa Coordinadora do Programa Comunitario: Adestra a tú Saúde, Silvia Suárez Luque, no que participan os departamentos públicos de Asistencia Sanitaria, Saúde Pública e Fundación Deporte Galego-Cátedra SXD Galicia Activa.
O proxecto no que se está a traballar xira arredor da coordinación dos recursos sanitarios e sociais para a prescrición e seguemento da realización do exercicio físico en toda a poboación, desde Atención Primaria ata alcanzar os recursos municipais. Neste senso, varias persoas colexiadas, expertas en exercicio físico para a saúde, están a asesorar no seo deste grupo para acadar os instrumentos máis actuais de valoración do exercicio físico nas súas diversas fases, adaptándose aos requerimientos da contorna sanitaria. Cabe destacar a figura do/a Educador/a Físico-Deportivo/a especialista en saúde neste proxecto, pois arredor dela pivotará a prescrición dos servizos sanitarios, a valoración da condición física e o deseño da programación de exercicios e cambios de hábitos.
A Consellería de Sanidade xa contempla tamén unha segunda fase, a de preparación dos recursos sociais para que as persoas poidan desenvolver a súa prescrición de exercicio físico, para que mostramos a nosa total dispoñibilidade á invitación de participar directamente. Desde o COLEF Galicia queremos apoiar a iniciativa e o esforzo realizado, que desexamos que poida verse reflectido nos vindeiros meses en proxectos pilotos en diferentes localidade galegas que axuden a consolidar a idea inicial.