Roberto Silva Piñeiro, colexiado Nº 11.215
O que foi xerente do COLEF Galicia durante a última década, pecha unha etapa colexial e profesional caracterizada por un desenvolvemento continuo da corporación a todos os niveis, logrando así o seu asentamento como referente da Educación Física e Deportiva en Galicia.
Silva comezou como técnico no 2012, asumindo xa de inicio proxectos importantes para o colexio como a colaboración no Plan Galicia Saudable, os I Premios Solidarios ou o 30 Aniversario do COLEF Galicia. En 2014 asumiu a Xerencia do colexio, converténdose no motor principal da entidade, apoio fundamental das diferentes xuntas de goberno, e líder dun equipo profesional que contribuíu a consolidar.
Os éxitos, fitos e metas acadados durante estes anos por este gran profesional son innumerables. Só nos queda agradecerlle o inmenso traballo realizado, e desexarlle moito éxito na súa nova etapa como profesor a tempo completo da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.