O BOE PUBLICA AS COMPETENCIAS DO GRAO EN CCAFDE E ESTABLECE QUE NON SE PODE IMPARTIR A DISTANCIA ACCEDE AO BOE O Boletín Oficial do Estado vén de publicar o día 18 a resolución do Consejo de Universidades sobre as competencias do grao de Ciencias da Actividade Física e o Deporte, especificando que esta formación non se pode impartir a distancia. O dictame atende a reclamación presentada por diferentes organismos, entre eles o Consejo COLEF, en relación con dous títulos superiores de Formación Profesional na familia de actividades físico deportivas que invadían competencias dos titulados universitarios. Agora queda establecido que os campos de actuación do grao son: Intervención educativaPrevención, adaptación e mellora do rendemento físico-deportivo e a saúde mediante a condición física e o exercicio físicoPromoción de hábitos saudables e autónomos mediante a actividade física e o deporteIntervención mediate as manifestacións do movemento humanoPlanificación, evaluación e dirección-organización dos recursos e a actividade física e o deporteMétodo e evidencia científica na práctica deportivaDesempeño, deontoloxía e exercicio profesional no contexto das intervencións O Consejo COLEF lamenta, porén, que esta resolución non sexa tamén o primeiro paso cara á ordenación profesional estatal, unha demanda pola que o organismo continuará loitando. |