HORARIO: 9:00 a 14:00 H (aproximado)
LUGAR: FIT CENTRO PONTE (CAMPO CORUXO CF)
INSCRICIÓNS ATA O 20 DE XUÑO 2025
Prazas limitadas e por orde de inscrición (20)
PREZO REDUCIDO: 90 EUROS (COLEXIADOS/AS, PRECOLEXIADOS/AS E CONVENIO)
PREZO XERAL: : 160 EUROS (OUTROS TUCAFYDE)
Por que?
Cada vez máis persoas con diversidade funcional practican actividade física e existe un baleiro de formación nese ámbito.
Deseñamos esta formación de 5 horas para que os educadores físico deportivos adquiran os coñecementos básicos para poder desenvolver programas de adestramento específicos para calquera tipo de persoa con mobilidade reducida.
Todo iso baseado nos últimos avances científicos publicados, e na nosa experiencia de anos de adestramento con poboacións especiais.
Con este curso queremos contribuír a mellorar a atención á discapacidade no mundo da actividade física e, en definitiva, seguir traballando para a inclusión deste colectivo a través do deporte.
TEÓRICO E PRÁCTICO
- PODERÁS APLICAR AO DÍA SEGUINTE O APRENDIDO NO CURSO
- TODA A PRÁCTICA ESTÁ PENSADA CON MATERIAL CONVENCIONAL QUE ATOPARÁS EN CALQUERA INSTALACIÓN DEPORTIVA
- BASEADA NA CIENCIA E A EXPERIENCIA PROPIA
CONTIDO
- Fundamentos. Como deseñar unha sesión?
- Principais descapacidades. XENERALIDADES.
- Exercicio físico e particularidades nas principais discapacidades.
- Como avaliar a condición física.
- Como deseñar unha sesión.
- Partes da sesión. Particularidades, diferenzas e similitudes.
EXERCICIO CARDIOVASCULAR
- Actualidade científica sobre o adestramento cardiovascular
- Exercicio cardiovascular e particularidades nas principais discapacidades.
- Adapatacións específicas a distintas diversidades e aos distintos ergómetros.
- Partes da sesión. Particularidades, diferenzas e similitudes.
- Obesidae e discapacidade.
EXERCICIO DE FORZA E CONTRAINDICADOS
- Actualidade científica sobre o adestramento de forza.
- Como adestrar a forza con persoas con discapacidade.
- Test específicos para a mellora.
- Exercicios contraindicados segundo discapacidades.
ESTABILIDADE CENTRAL
- Actualidade científica sobre o adestramento do CORE.
- Como adestrar a estabilidade central con persoas on discapacidade.
- Exercicios, adaptacións e variantes.
MOBILIDADE, CONTROL POSTURAL E RESPIRACIÓN
- Principais problemas posturais e de mobilidade.
- Tipos de exercicios para as distintas diversidades.
- Alteracións e problemas respiratorios.
- Identificar unha correcta respiración e as súas alteracións.
- Exercicios para mellorar a respiración.