Seleccionar página

CONCELLO DE NARÓN

O Programa Parques Biosaludables está coordinado polo #EFD 52750 Miguel López en 18 parques instalados no municipio coruñés de Narón.

As actividades estarán realizadas por TUCCAFD e TAFAD/TESEAS que dependen do órgano municipal.

Para a súa posta en marcha pasóuselle información ao Centro de Saúde de Narón para que os profesionais médicos animen aos pacentes que consideren a que poidan beneficiarse do programa.

Trátase dun proxecto multidisciplinar no que colaboran tamén outros perfís profesionais sanitarios, entre eles fisioterapia, que traballan para as escolas deportivas municipais.

Esta actividade responde a unha demanda principal da ciudadanía e unha necesidade de controlar e manter este tipo de instalacións, e que vaise aproveitar para abrir as propostas a máis espazos exteriores, a través doutras propostas de exercicio físico, xogos tradicionais e caminatas supervisadas.

+info

CONCELLO DE ARTEIXO

O Servizo Municipal de Deporte de Arteixo, que coordinado polo EFD 12155 Marcos Docampo, puxo en marcha o programa municipal denominado “Valoración da condición física”, na que a ciudadanía deste concello vai ter a posibilidade de someterse a unha valoración da súa condición física e recibir un asesoramento persoalizado, basado nas estratexias do Plan Galicia Saudable.

Con este programa local preténdese mellorar a saúde da poboación, e no caso de non existir patoloxías establecer as pautas a seguir cun educador física que de forma individualizada e ao longo de 4 sesións perseguirá amosarlle as vantaxes da práctica do exercicio de forma regular, así como buscarlle acomodo dentro da programación deportiva municipal ou a recomendación de outras actividades que melloran a súa saúde.

Unha vez se executen as 4 sesión de adestramento volverase a realizar unha valoración para coñecer o grao de mellora e animar ao usuario ou usuaria a seguir adestrando nunha das actividades das EDM ou propoñerlle unha actividade acorde as súas necesidades.

Este servizo poñerase a disposición de persoas maiores de 6 anos e tamén a disposición dos deportistas pertencentes ás entidades deportivas de Arteixo, tratando de axudar deste xeito a prevención de lesións e mellorar o rendemento nas competicións.

O servizo estará dispoñible en horario de luns a venres de 10.00 a 13.00 h e 16.00 a 17.00 h no ximnasio do campo de fútbol de Arteixo.

Trátase de unha actividade gratuíta para a que é imprescindible concertar cita previa a través dos seguintes medios

+info

Imaxe: La Voz de Galicia