Seleccionar página

CANLE E SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN

  • A Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción establece a regulación da implementación dun sistema interno de información e unha canle interna de información.

 

  • No referido canle interno de información poderanse comunicar calquera acción ou omisión que poida constituír infraccións do dereito da Unión Europea así como todas aquelas accións ou omisións que poida ser constitutivas de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave.

 

  • O sistema interno de información será de aplicación para os traballadores por conta allea, autónomos, socios, directivos e administradores, calquera persoa que traballe baixo supervisión de contratista, subcontratista ou provedores así como os traballadores que xa terminasen a súa relación laboral, voluntarios, bolseiros, traballadores en formación con independencia da percepción ou non de remuneración así como os que se atopen en proceso de selección. As posibles medidas de protección serán de aplicación, pola súa vez, aos representantes legais, familiares e persoas físicas e xurídicas relacionadas coa persoa que comunique información.

 

  • A canle interno de información permite que se informe por escrito ou verbalmente do seguinte modo:

      • A través deste formulario.

      • Presencialmente na sede da entidade, en: Rúa Lope Gómez de Marzoa, S/N, Edificio FEUGA, despacho 20, CP 15705 Santiago de Compostela, ben sexa no buzón que se establece na entrada ou ben sexa solicitando unha reunión presencial dentro do prazo máximo de sete días.

      • Por correo postal á dirección facilitada anteriormente.

      • Por teléfono, ao número 698177305.
      • Por correo electrónico á dirección colef@colefgalicia.com.

  • As comunicacións verbais serán gravadas nas comunicacións presenciais mediante reunión e os datos trataranse de acordo co que establece o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016.

 

  • A canle de información admitirá tanto denuncias anónimas como denuncias que non o sexan.

 

  • A comunicación exporá de forma o máis detallada posible os feitos, identificando, se é o caso, ás persoas involucradas e o lugar onde se produciu, así como o momento en que ocorreu ou estivo ocorrendo o feito. Ademais, achegará, se se considera necesario, documentos, arquivos, probas, testemuñas ou outra información que se estime relevante para a avaliación e tramitación do expediente.

 

  • Remitiráselle acuse de recibo da comunicación ao informante, no prazo máximo de sete días naturais seguintes á recepción, salvo que isto poida pór en perigo a confidencialidade da comunicación. Ao presentala información, o informante poderá indicar un domicilio, correo electrónico ou lugar seguro para efectos de recibilas notificacións, podendo así mesmo renunciar expresamente á recepción de calquera comunicación de actuacións levadas a cabo polo responsable do sistema interno de información como consecuencia da información.

 

  • O procedemento derivado da comunicación será tramitado polo responsable do sistema interno de información ou por quen este delegue e poderá acordar a inadmisión, a admisión a trámite ou a comunicación inmediata e directa ó Ministerio Fiscal ou autoridade competente, notificándose ó informante da decisión adoptada agás que renunciase a iso ou que a comunicación sexa anónima. No caso de admitirse a trámite, levaranse a cabo as actuacións oportunas previstas no protocolo do sistema interno de información da entidade e resolverá mediante informe que será notificado ao informante da decisión adoptada salvo que renunciase a iso ou que a comunicación sexa anónima, sendo o prazo máximo para finalizar as actuacións de tres meses desde a entrada en rexistro da información.

 

  • Garantirase a presunción de inocencia e o dereito á honra da persoa afectada pola información así como garantirase que teña noticia dela, así como dos feitos relatados de maneira sucinta, pero, en ningún caso, comunicaráselles aos suxeitos afectados a identidade do informante nin se dará acceso á comunicación. Adicionalmente informaráselle do dereito que ten a presentar alegacións por escrito no prazo de quince días hábiles, así como documentos, probas ou infraccións que coide convenientes e do tratamento dos seus datos persoais.

 

  • A persoa que faga unha revelación pública poderase acoller a protección se se cumpren as condicións de protección reguladas no artigo 28 e no título VII da Lei 2/2023. As medidas que se poderán adoptar son as previstas nos artigos 37 e seguintes da Lei 2/2023. Prohíbense expresamente os actos constitutivos de represalia, incluídas as ameazas de represalia e as tentativas de represalia contra as persoas que presenten unha comunicación, de conformidade co previsto no artigo 36 da Lei 2/2023.

 

  • Ponse de manifesto aos informantes que cabe a posibilidade de presentación de comunicacións nunha canle externo de información da autoridade independente de protección ao informante de conformidade cos artigos 16 e seguintes da Lei 2/2023.

 

  • Os informantes e as persoas afectadas pola información terán, se así o requirisen, dereito de acceso ao protocolo completo do sistema de información da entidade.