Seleccionar página
Consejo COLEF elaborou un informe sobre a situación do mercado laboral das persoas tituladas universitarias en Ciencias da Actividade Física e o Deporte do que se extraen moitas e moi importantes conclusións. Algunhas delas son: A docencia é a principal actividade profesional (37,7%), seguida do sector saúde/fitness (20,4%), a xestión (12,8%) e a competición (9,4%). A tasa de multiocupación é do 44,8%A docencia é o ámbito mellor remunerado. No lado contrario está o sector privado, no que predominan os contratos temporais.O motivo principal da colexiación é a visión corporativista da profesión. O 72% das persoas que respostaron a enquisa volverían cursar os mesmos estudos. Podes consultar o informe completo aquí.

X