Seleccionar página

Acceder ao DOG

DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11218

ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

Programa II Outras actividades pechadas: axudas os establecementos pechados pola normativa ditada polas autoridades sanitarias cun orzamento de 3.000.000 de € con cargo aos fondos finalistas e fondos propios da Comunidade Autónoma.

Artigo 28. Obxecto

Este programa ten por obxecto apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Artigo 29. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

As persoas beneficiarias ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Ter domicilio fiscal en Galicia.

– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia (* Consultar no DOG)

Artigo 30. Importe das axudas

O importe da axuda por establecemento determínase en función da data do seu peche, do seguinte xeito:

– Os establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 1.900 €.

– Os establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021 percibirán unha axuda única de 2.200 €.

– Os establecementos pechados, en virtude de dúas ou máis ordes das comprendidas nas alíneas a), b), c) e d) do artigo 29 percibirán unha axuda única de 2.700 €.

Igualmente percibirán unha axuda única de 2.700 € as actividades de atraccións de feira a que se refire o punto 3 do artigo 29.

No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10, incrementarase en 1.000 € nas alíneas anteriores.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado e, xa que logo, a persoa ou entidade beneficiaria poderá ter máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito, deberán presentar unha única solicitude por titular e, no caso de ser titular de máis dun establecemento afectado polo peche das ordes citadas no artigo 30, nesa mesma solicitude figurarán todos os establecementos afectados polo peche dos cales sexa titular.

Artigo 31. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, de Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes ou ben ata o esgotamento do crédito.