Seleccionar página

Se publica por fin la Directiva Europea de armonización sobre actividades  profesionales y profesiones reguladas

TEST DE PROPORCIONALIDADE PARA A REGULACIÓN NACIONAL DAS PROFESIÓNS

O pasado sábado 3 de xullo de 2021 publicouse o Real Decreto 472/2021, do 29 de xuño, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva (UE) 2018/958, do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xuño de 2018, relativa ao test de proporcionalidade antes de adoptar novas regulacións de profesións (BOE-A-2021-11046).

Este RD ten gran importancia para todo o sistema de profesións dos países da Unión Europea, polo que para as e os EFD serán unha norma de referencia. Por iso participouse tanto no proceso de consulta pública previa como no trámite de audiencia e información pública.

Este Real Decreto sobre o test de proporcionalidade que levaban esperando desde hai anos as Organizacións Colexiais españolas, podería considerarse unha oportunidade para a profesión da Educación Física e Deportiva, pendente de regular de forma explícita desde que se lle outorgase o status de profesión colexiada en 1978 (Real Decreto 2957/1978, do 3 de novembro), e máis ante a vontade política para abordar a reivindicación de ordenar e regular aos axentes prestadores de servizos da educación física, a actividade física e o deporte.

Vídeo explicativo