Seguro RC
Todos os colexiados EXERCENTES inscritos no seu Colexio Profesional da Educación Física e do Deporte teñen incluído o Seguro de Responsabilidade Civil.
A Responsabilidade Civil é un concepto xurídico cuxa finalidade é regular o sistema de compensacións económicas reparadoras dos danos producidos a terceiros como consecuencia de relacións contractuais ou extra-contractuais.
O obxectivo do seguro de Responsabilidade Civil Profesional é facer fronte aos danos persoais e materiais que, involuntariamente, polos seus erros ou omisións, o profesional puidese causar aos seus clientes no exercicio da súa profesión, así como os prexuízos que deles puidésense derivar. O asegurador asume as consecuencias económicas dos feitos acaecidos e cubertos polo contrato, reparando o dano causado polo asegurado a un terceiro, ata o límite pactado na póliza de seguro, que é o documento que contén as condicións que regulan a relación contractual entre asegurador e asegurado, recollendo os dereitos e deberes das partes. Este servizo non é só unha garantía para os Colexiados, senón tamén para quen presta os seus servizos. De non ser un profesional colexiado respondería co seu propio patrimonio cando hai sentenza en firme por neglixencia profesional.
[Vía Consejo COLEF: 05/05/2023]
PÓLIZA DE RESPONSABILIDAD CIVIL 2023-2024:
- Aseguradora: HISCOX, S.A.
- Mediador: Howden Iberia.
- Póliza Nº: HD IP6 20212530
- Periodo de cobertura: 08/05/2023 hasta 07/05/2024.
- Resumen de la actividad profesional cubierta: actividades profesionales que contemplan los estatutos de los Colegios Oficiales, los acuerdos plenarios previos a la firma de esta póliza, así como la legislación vigente (entre la que se encuentra la que regula el ejercicio profesional en el deporte con denominaciones diversas según la comunidad autónoma de la que provenga la norma (profesor/a de educación física, monitor/a, entrenador/a, preparador/a físico/a, director/a deportivo/a, entre otros).
- Ámbito Territorial: Todo el mundo excepto USA y Canadá.
- LÍMITES Y FRANQUICIAS:
- 2.000.000 € por reclamación, asegurado y periodo de seguro. Sin franquicia.
- Sublímite RC Patronal: 300.000 € por víctima.
- Sublímite Gastos de asistencia psicológica: 80.000 €
- Sublímite Compensación por asistencia a juicio: para cualquier gerente, socio o administrador que sea asegurado: 500 €, para cualquier empleado: 250 €.
- Pérdida de documentos: 60.000 € (franquicia 15%).
- Inhabilitación profesional: 2.400 €, máximo 18 meses.
- Deportes peligros: 250.000 € (franquicia 600 €).
Asesoría xurídica
Contamos con este servizo que atenden ás cuestións sobre normativas e problemas legais que o colectivo colexial nos traslade. Se queres poñerte en contacto accede desde formularios de consulta.
Asesoría fiscal e laboral
Neste ámbito traballamos con asesores laborais que atenden ás cuestións sobre normativas e asuntos laborais que o colectivo colexial desexe realizar. Se queres poñerte en contacto accede desde formularios de consulta.
Asesoría protección de datos
Se tes dúbidas na aplicación das normativas de protección de datos, colaboramos cunha entidade experta nestas cuestións para poder axudarte. Se queres poñerte en contacto accede desde formularios de consulta.
Por outra parte está firmado un convenio de colaboración con PRODASVA para os servizos relacionados coa protección de datos (Regulamento Xeral Protección de Datos, Lei de Servizos da Sociedade da Informacion e do Comercio Electrónico) con condicións máis beneficiosas para as/os colexiadas/os.
Bolsas e axudas
BOLSAS E AXUDAS PROPIAS
OUTRAS BOLSAS E AXUDAS
Plan Galicia Emprega. Programa II de emprego con apoio- XANEIRO 2022
Convocante
Consellería de Emprego e Igualdade
Publicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Este programa ten como obxecto subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.
Trátase de favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para a súa inserción laboral, favorecendo a súa integración en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a implementación de accións de emprego con apoio.
Beneficiarios
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Plan Galicia emprega. Programa I de incentivos á contratación por conta allea e á formación - XANEIRO 2022
Convocante
Consellería de Emprego e Igualdade
Publicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Este programa ten por obxecto os incentivos á contratación por conta allea e á formación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade.
Inclúe catro tipos de axudas compatibles:
- Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas
e longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. - Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
- Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
- Incentivos á formación (opcional) dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio deste programa, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Beneficiarios
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade.
Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas - XANEIRO 2022
Convocante
Consellería de Emprego e Igualdade
Publicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Este programa ten por obxecto os incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
Certificados de Aptitude Física
Os/As Educadores Físico-Deportivos/as colexiados/as son os únicos que teñen competencias para realizar as probas de aptitude físico aos/ás aspirantes a prácticos de porto, segundo a seguinte normativa:
Resolución de 29 de julio de 1998, por la que se establecen los reconocimientos médicos para comprobar la aptitud de los prácticos y las pruebas físicas para el acceso a la profesión
Octavo. Pruebas físicas.
1. A tenor de lo dispuesto en los apartados séptimo y octavo de la Orden del Ministerio de Fomento de 20 de febrero de 1997, la certificación de la Dirección General de la Marina Mercante que faculta a los aspirantes seleccionados para la realización del período de prácticas previas a la habilitación como Práctico, conlleva el haber superado las pruebas físicas que se detallan en el anexo II de esta Resolución, y a las que los candidatos deberán someterse previamente a la realización de los ejercicios que componen la segunda parte de las pruebas de conocimiento reguladas en dicha Orden.
La acreditación de haber superado las pruebas del anexo II, se justificará mediante la presentación de un certificado expedido por un Licenciado en Educación Física o en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte, debidamente colegiado en el Colegio Oficial de Licenciados en Educación Física y en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte.
Solicitude de Servizos para Colexiados
Primeiro deberá estar rexistrado en COLEF Galicia
O rexistro no COLEF para Colexiarse na Galiza require duns documentos e dunhas aceptacións adicionáis, por iso solicitámoslle que primeiro se rexistre dende a nosa páxina, para logo finalizalo rexistro no COLEF.
Se vostede xa está rexistrado nesta páxina, simplemente identifíquese a continuación.
Moitas grazas.