Seleccionar página

Asociación de Xestores Deportivos de Galicia (Agaxede) organiza o vindeiro domingo, día 11 de novembro na Coruña a XXIII Carreira Alternativa, unha iniciativa que serve tamén de apoio á celebración do Día Mundial contra a Obesidade. A organización fixo cambios no percorrido pola prevision meteorolóxica adversa, pero animou á participación e a non quedar na casa aínda que chova. Será Fernando Romay o responsable de dar a saída ás 11.00 horas desde a praza de María Pita. Coincidindo coa carreira, Agaxede realizará unha auditoría de seguridade da actividade contando para este fin con José Luis Gómez Calvo, un dos más importantes expertos en seguridade de eventos de toda Europa. O auditor encargarase de identificar os posibles riscos para tomar medidas de prevención que consigan reducilos ou mesmo eliminalos. Para saber máis sobre os sorteos e actividades complementarias, preme aquí