Este sábado 2 de outubro celebramos que o COLEF Galicia ten superado as 1000 colexiacións. De feito simbólico, sete colexiados recolleron uns agasallos e compartiron con outros invitados unha xornada de aventura, que comezou cunha ponencia sobre como mellorar a programación de actividades escolares recreativas, a cargo de Benito Pastoriza #EFD 56685.
Logo o grupo trasladouse ao río Ulla para desfrutar dun descenso de rafting ata Pontecesures. O xantar final en Rianxo permitíu que se compartise a experiencia e outras cuestións sobre a profesión. O Presidente da entidade, Henrique Xoán Rodríguez Pantín, quixo agradecer a tod@s os que forman parte da corporación o compromiso desde 1983. Este ano, maila pandemia, vanse superar as colexiacións do ano anterior, e eso quere decir que a ciudadanía está a solicitar os servizos cualificados de Educadores/as Físico Deportivo/as, que cada ano teñen máis visibilidade e axudan a que o sector tamén teña mellor saúde.
Moitas grazas especialmente a Gonzalo Álvarez #EFD 65432, Jonathan Riveiro #EFD 64654, Álvaro Rivas #EFD 60489, Ana Jiménez #EFD 62896, Olalla Cruces #EFD 61792, Isaura Pereira #EFD 62870 e Víctor Comesaña #EFD 61943.