Denominación
“Distintivo EFD: Máxima Garantía Profesional”
Liña de traballo principal
Dándolle continuidade ás campañas de visibilización realizadas polo COLEF Galicia nos últimos 5 anos, móstrase novamente o compromiso de seguir atendendo á necesidade de que a denominación Educadora e Educador Físico Deportivo se vaia consolidando polos profesionais da Educación Física e o Deporte e a cidadanía.
Son numerosas as persoas colexiadas que nos fixeron chegar solicitudes e suxerencias para implementar iniciativas que puxese en valor nesta mesma liña #EFD (Educadores/as Físico Deportivos/as) a nivel profesional, neste caso a través dalgún distintivo identificador que diferenciase, achegase valor, e informase o usuario ou cliente de servizos deportivos, axudando tamén a fidelizar aos TUCCAFD coa marca colexial. Por esta razón nace un proxecto que trata de recollelo, co horizonte posto no deseño, produción e implementación dos distintivos EFD: Máxima Garantía Profesional, coincidindo tamén cun período sensible para a #RegulaciónProfesionalXA.
O COLEF Galicia poderá traballar cos persoas colexiadas ou centros de traballo que considere de referencia para mellorar o desenvolvemento do distintivo.
Pivotaxe
De maneira coherente coa estratexia iniciada hai 5 anos, coas primeiras accións de visibilización planificadas e recollidas nos orzamentos, fóronse solicitando ao Consello COLEF diferentes axudas na mesma liña, que consolidaron unha forma de promocionar propiamente a Educación Física e Deportiva profesionais e fundamentalmente a figura das persoas colexiadas. Este proxecto conta cunha axuda económica por parte do Consejo COLEF a través da convocatoria “Impulso de proxectos colexiais 2023”.
Obxectivos
OE1. Aumentar a identificación corporativa e profesional en todos os niveis de desempeño, sexa de maneira individual ou colectiva, especialmente a través dos Centros de Traballo Comprometidos coa EFD (CEFD+).
OE2. Mellorar a visibilidade das persoas EFD cara á cidadanía, institucións, e o propio ámbito profesional.
OE3. Recoñecer e agradecer o compromiso ás persoas colexiadas.
OE4. Apoiar e mellorar a visibilidade dos Centros de Traballo Comprometidos coa EFD (CEFD+)
OE5. Estimular as novas colexiacións vinculadas o proxecto EFD: Máxima Garantía Profesional, estratéxicamente con cotas de alta promocionadas.
OE6. Aumentar os acordos con Centros de Traballo Comprometidos coa EFD (CEFD+), que promovan novas colexiacións.
Requisitos
Estar ofrecendo un servizo de exercicio físico educativo, recreativo ou de adestramento por parte dun/ha ou varios/as Educadores/as Físico Deportivos/as de alta na modalidade exercente e ao corrente de pago.
Modalidades
VERSAL (U): para persoas colexiadas “EFD: Máxima Garantía Profesional”
-
CARACTERÍSTICAS: modelo dixital gratuíto que se poderá solicitar por calquera persoa colexiada, con validez anual, parcialmente persoalizable, e autodescargable. Tamén estará dispoñible unha versión impresa.
-
REQUISITOS: Estar colexiado/a nas diferentes modalidades (aparecerá reflexado no distintivo), ao corrente de pago e sen expediente disciplinario aberto.
-
TRAMITACIÓN: Calquera colexiado/a poderá solicitar o distintivo “EFD: Máxima Garantía Profesional” para a súa tarefa profesional. Habilitarase desde a parte privada da web un formulario telemático no que recibirá a actualización de todo o proceso de solicitude.
-
CUSTE: O modelo dixital do distintivo non ten custe. Existe a opción de imprimila en placa fórex ríxida, cuxos gastos (maquetación, emisión, impresión e envío) estarán dispoñibles nas opción seleccionala.
-
TEMPORALIZACIÓN E VIXENCIA: Os distintivos terán unha vixencia anual (natural), podéndose solicitar en calquera momento do ano.
CENTRO DE TRABALLO (CEFD+): “Centro Comprometido coa EFD: Máxima Garantía Profesional”
-
CARACTERÍSTICAS: modelo impreso, que poderán solicitar desde os Centros de Traballo Comprometidos coa EFD [CEFD+]
-
REQUISITOS DUN CEFD+: Contar coas persoas TUCCAFD debidamente colexiadas, sen expediente disciplinario aberto.
-
TRAMITACIÓN: Calquera centro de traballo (público ou privado) poderá solicitar o distintivo “Centro Comprometido coa EFD: Máxima Garantía Profesional” desde a zona web habilitada, no que poderá cubrir o formulario telemático necesario e consultar a actualización de todo o proceso de solicitude.
-
CUSTE: O distintivo emitirase exclusivamente en placa fórex ríxida, cuxos gastos (maquetación, emisión, impresión e envío) estarán dispoñibles nas opción seleccionala.
-
TEMPORALIZACIÓN E VIXENCIA: Os distintivos terán unha vixencia anual (natural), podéndose solicitar en calquera momento do ano.
CENTRO DE REFERENCIA (CEFD+R): “Centro de Referencia EFD: Máxima Garantía Profesional”
-
CARACTERÍSTICAS: modelo impreso, que poderán solicitar desde os Centros de Traballo Singulares (necesaria conformidade previa) [CEFD+R]
-
REQUISITOS DUN CEFD+R: Contar con todas as persoas TUCCAFD debidamente colexiadas, sen expediente disciplinario aberto.
-
TRAMITACIÓN: Aqueles centros de traballo (público ou privado) que contacten directamente co colexio poderá solicitar o distintivo “Centro de Referencia EFD: Máxima Garantía Profesional” desde a zona web habilitada, no que poderá cubrir o formulario telemático necesario e consultar a actualización de todo o proceso de solicitude.
-
CUSTE: Este tipo de distintivo será emitido de xeito coordinado entre COLEF Galicia e o centro solicitante; realizarase en placa fórex ríxida, cuxos gastos (maquetación, emisión, impresión e envío) estarán dispoñibles nas opción seleccionala.
-
TEMPORALIZACIÓN E VIXENCIA: Os distintivos terán unha vixencia anual (natural), podéndose solicitar en calquera momento do ano.
Compromiso
A persoa ou entidade solicitante responsabilízase da veracidade da información exposta, e comprométese a: 1) Cumprir cos requisitos do distintivo durante a súa vixencia; 2) Facer un uso ético; e 3) Cooperar na súa difusión e calidade.
Uso abusivo
Considérase o mesmo cando se empregue o distintivo de xeito enganoso, por persoas ou entidades que non teñen tal recoñecemento.
Ademais das sancións disciplinarias recollidas estatutariamente, calquera uso abusivo dará lugar as accións xudiciais que o COLEF Galicia considere.
EFD: Máxima Garantía Profesional® é unha marca rexistrada e propiedade de COLEF Galicia.
Solicitude e prazos de emisión
-
O distintivo poderase solicitar en calquera momento do ano a través da aplicación privada específica: DistintivoProfesionalEFDGalicia
-
O procedemento de tramitación e emisión será mensual, é dicir, todas as solicitudes que entren nun mes hábil serán tramitadas ao seguinte, para facilitar a descarga dixital do distintivo ou o envío do soporte impreso, sempre que se cumpran os requisitos correspondentes.