Seleccionar página

Axenda

marzo, 2024

Proxectos e campañas

 PROXECTO VISIBILIZACIÓN MEDIANTE VIDEOS PROFESIONAIS 2022

 PROXECTO VISIBILIZACIÓN CON  SOPORTE FOTOGRÁFICO PROFESIONAL  – 2022

Santiago, 13/07/2022

No marco do proxecto de promoción da imaxe pública e coñecemento dos servizos que ofrecen as Educadoras e Educadores Físico Deportivas, denominado “VISIBILIZACIÓN CON SOPORTE FOTOGRÁFICO PROFESIONAL 2022”, o pasado mes de marzo varias persoas colexiadas respondían á chamada colexial e participaban nunha sesión fotográfica colectiva nas instalacións exteriores da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Neste mes de xullo, unha vez recibidas e seleccionadas as fotografías e as láminas en gran tamaño, estase a proceder á súa entrega e colocación, tanto en edificios públicos como en centros de traballo.

O pasado día 8 de xullo procedeuse á entrega na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra, en presenza do seu Decano, D. Óscar García EFD 52.281, das primeras das láminas, coa presenza de dous egresados do mesmo centro, D. Sergio Otero EFD 65.662, e D. Christian Maldonado EFD 65.888. As mesmas quedarán situadas na entrada das instalacións educativas, nun lugar de tránsito habitual.

Nas vindeiras semanas, procederase á entrega a cada colexiado participante dunha lámina persoal, para que poidan colocar nos seus lugares de traballo, e asemade, en setembro tamén está previsto acudir á Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro para o mesmo fin.

Os custes da sesión fotográfica e as láminas ríxidas colectivas e individuais foi costeado con fondos do COLEF Galicia e o Consejo COLEF, a través dos proxectos de solidaridade colexial.

Santiago, 19/03/2022. Diferentes instantáneas grupais durante a sesión fotográfica na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

CONVOCATORIA PROXECTO VISIBILIZACIÓN CON SOPORTE FOTOGRÁFICO PROFESIONAL  – 2022

  1. XUSTIFICACIÓN : : :

Dende o COLEF Galicia, coa firme proposta de seguir dando visibilidade á colexiación e os profesionais que de ela formades parte, imos a desenvolver un proxecto que continúe con esa promoción da imaxe pública e coñecemento dos servizos profesionais relacionados coa actividade física e deporte en calquera das súas saídas profesionais.

  1. EN QUE CONSISTE : : :

Realización dunha sesión fotográfica profesional temática gratuita, e  entrega das copias dixitais e soporte impreso en gran tamaño para 10 persoas colexiadas, para que poidan colocalo nos seus centros de traballo.

Existe a posiblilidade de incluir acompañantes nas fotografías que se realicen á persoa colexiada participante.

As persoas participantes poderán acordar a escenificación fotográfica e material (vestimenta, deportivo, atrezzo…) que fose preciso ou máis oportuno.

  1. TEMPORALIZACIÓN : : :

Valoraranse 1/2 sesións fotográficas colectivas a finais de febrero con diferentes enclaves na cidade de Santiago de Compostela

Datas:

– 19 marzo (Establecida)

– 18 marzo (Complementaria, no caso de maior número de solicitudes)

Localizacións (provisionais):

– Cidade da Cultura

– Centro Deportivo (sen concretar)

Horarios:

– 19/03/2022: mañá e tarde

– 18/03/2022: mañá e tarde

  1. GASTOS : : :

O COLEF Galicia costeará os gastos das sesións fotográficas, un número de 10 paneis fórex tamaño A1, cunha foto elexida pola persoa colexiada cos distintivos do proxecto, para colocar no seu lugar de traballo.

Se houbese maior cantidade de solicitudes a sesión fotográfica sería de balde igualmente para aquelas persoas que desexasen participar, acordándose os custes correspondentes ás copias e paneis impresos que non estiveran subvencionadas.

Poderanse recoller presencialmente os soportes na sede colexial. No seu caso os gastos de envío serían a conta da persoa colexiada.

  1. INSCRICIÓN – FORMULARIO : : :
  • É preciso cubrir o formulario no prazo establecido
  • No caso de menores acompañantes que desexen participar precisarase permiso especial.
  • As persoas solicitantes recibirán unha chamada para explicar toda a información persoalmente.
  • As persoas participantes ceden os dereitos de imaxe ao COLEF Galicia.
  1. PRAZO : : :

O prazo de solicitudes estará aberto desde o 21 de febreiro (12:30 h) ata 10 de marzo (10:00 h).

  1. RESOLUCIÓN : : :

Recibidas as solicitudes, os criterios de valoración serán os seguintes:

1º.    Persoas colexiadas

2º.    Orde de inscrición

3º.    Dispoñibilidade temporal

4º.    Dispor de emprazamento profesional para a colocación dos paneis impresos

CAMPAÑA TOD@S SOMOS @ “COLEXIAD@ 1000” – 2021

Estamos próximos a alcanzar as 1.000 colexiacións, e con tal motivo queremos que todo o colectivo se sinta partícipe de poder celebralo. Non é únicamente un número, é moito máis. Recolle dalgún xeito o esforzo de tódalas persoas que formamos parte do colexio desde que se fundara no 1983 na loita pola nosa profesión.

Ao longo dos vindeiros 3 meses seguiremos empurrando para chegar a esa simbólica cifra e para visibilizalo realirazase un sorteo sobre o mes de xuño entre todas a persoas colexiadas ata ese momento, que sirva para poder agasallar a 8 compañeiros/as, un/ha de cada xeración, en representación de todo o colectivo.

O agasallo consistirá nunha xornada de experiencia (con actividades recreativas e de aventura), xantar/cea, obsequio textil e outros detalles de agradecemento. A previsión é realizala nunha localidade da provincia de Pontevedra a primeiros do mes de outubro de 2021. 

O día 29 de xuño ás 10:30 h procederase a realizar o sorteo “Tod@s somos @ colexiad@ 1000” por streaming desde a canle de youtube do colexio. Entre toda a listaxe de persoas colexiadas seleccionaranse 8 premiad@s que serán contactad@s en primeiro lugar. De non ser posible establecer contacto ou renunciar ao premio, continuarase en orde coa seguinte persoa colexiada que apareza na listaxe por orde alfabético.

CAMPAÑA COLÉXIATE POLO TEU FUTURO

EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

BOAS PRACTICAS NO EXERCICIO FISICO ORIENTADO A SAUDE

  Os colexios autonómicos e o Consejo COLEF están a recoller experiencias no campo da actividade física aplicada á saúde para establecer os niveis de boas prácticas neste eido. Trátase dunha ferramenta máis na loita para incorporar aos educadores físico...

Publicar Evento

Primeiro deberá estar rexistrado en COLEF Galicia

O rexistro no COLEF para Colexiarse na Galiza require duns documentos e dunhas aceptacións adicionáis, por iso solicitámoslle que primeiro se rexistre dende a nosa páxina, para logo finalizalo rexistro no COLEF.

Se vostede xa está rexistrado nesta páxina, simplemente identifíquese a continuación.

Moitas grazas.

Quero colaborar

Primeiro deberá estar rexistrado en COLEF Galicia

O rexistro no COLEF para Colexiarse na Galiza require duns documentos e dunhas aceptacións adicionáis, por iso solicitámoslle que primeiro se rexistre dende a nosa páxina, para logo finalizalo rexistro no COLEF.

Se vostede xa está rexistrado nesta páxina, simplemente identifíquese a continuación.

Moitas grazas.