Seleccionar página

As Universidades Españolas están obrigadas a establecer medidas para favorecer a práctica deportiva dos membros da Comunidade Universitaria e instrumentos para a compatibilidade efectiva coa formación académica do estudantado.

Neste censo, a Universidade de Vigo ven de aprobar o “Regulamento do Estudantado Deportista da UVigo” no que atender as necesidades dos practicantes de base, deportistas de nivel intermedio e deportistas de elite, así como destinar medios materiais e espazos suficientes para elaborar programas de actividade física e deportiva específicos destinados ao estudantado con diversidade funcional.

Deste xeito, téntase favorecer a conciliación da vida cotiá, universitaria e deportiva, e fomentar o recoñecemento académico das prácticas físico-deportivas pola súa contribución a consolidar os valores propios e boas prácticas da Universidade.

En concreto, preténdese por este medio fixar medidas que favorezan a conciliación da vida universitaria e deportiva, e que fomenten o recoñecemento académico das prácticas físico-deportivas pola súa achega á consolidación dos valores propios e das boas prácticas na Universidade de Vigo.

 Acceder á documentación completa

 


X