ABANCA e o Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física de Galicia colaboran con solucións de crédito a medida para impulsar a competitividade do sector.
- Ambas entidades traballan en conxunto para brindar solucións financeiras ás persoas colexiadas.
- O convenio ofrece un amplo catálogo de produtos e servizos especializados, con asesoramento e xestión integral.
21.02.2024. ABANCA e o Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (COLEF) de Galicia veñen de asinar un acordo de colaboración co obxectivo de mellorar o acceso ao crédito das persoas colexiadas e facer fronte á situación económica actual.
O convenio foi rubricado esta mañá en Santiago de Compostela polo coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño, e o presidente do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia, Henrique Xoán Rodríguez. Ambos representantes aproveitaron o encontro para conversar sobre os desafíos actuais do sector do deporte e facer especial fincapé no compromiso que manteñen con él. Así mesmo, acordaron manter unha comunicación fluida para abordar futuras e posibles necesidades.
O texto recolle unha ampla gama de produtos e servizos creados especificamente para o colectivo e a mellora da súa competitividade, como as pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario e inmobiliario ou avais, entre outros. Así mesmo, a entidade financeira reforza o seu compromiso coas personas colexiadas e co sector mediante a activación das liñas de financiamento oficiais do organismo público ICO e as SGR nacionais.
Un dos puntos clave que recolle o texto é o accceso a servizos especializados de asesoramento e xestión integral para as persoas colexiadas a través de ABANCA Persoal. Isto permítelles contar con xestores expertos e produtos personalizados para acadar o máximo rendemento das súas inversións. Así mesmo, poderán gozar doutros beneficios, como a tarxeta Visa Tú, que ofrece múltiples formas de pagamento nunha única tarxeta combinables como máis conveña, as Tarifas Planas de Seguros e Valores, servizos de banca a distancia, como a Banca Móvil, Banca Electrónica, Bróker Online, ouos fondos de Inversión de ABANCA.
As persoas colexiadas en COLEF Galicia terán tamén acceso ás vantaxes que ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais grazas á súa vinculación co banco.