Seleccionar página

O colexiado Roberto Silva, é o autor dunha análise da última edición do Día da Educación Física na Rúa en Galiciapublicada na Revista Española da Educación Física (descargar). A cita obtivo un elevado grao de satisfacción para alumnos, profesores e colexios,  pero cun importante desequilibrio territorial. Así, a provincia da Coruña foi a máis participativa, un factor que haberá que tentar corrixir. Este traballo pon de manifesto que esta ferramenta ten cada vez máis utilidade tanto no aspecto educativo como no reivindicativo e propón a súa inclusión no calendario escolar autonómico.